Benestar social e igualdade|

Porto do Son contará cun novo servizo de estimulación terapéutica para persoas con demencia, promovido pola Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer co apoio do Concello de Porto do Son e financiado pola Deputación da Coruña a través do seu POS Social.

Este novo recurso supón un paso adiante na atención comunitaria no rural, ofrecendo atención profesional, especializada e de proximidade para persoas con deterioro cognitivo e apoio integral ás súas familias.

🔹 Días de atención: luns, mércores e venres
🔹 Horario: de 09:30 a 13:30 h
🔹 Lugar: Viveiro de Empresas – Rúa, Noal 32 (Outeiro)

O servizo contará cunha terapeuta ocupacional e unha xerocultora da plantilla de profesionais de AGADEA.

Este servizo será 100 % gratuíto e dará servizo do 2 de xullo ao 30 de novembro de 2025, ofrecendo durante estes cinco meses actividades terapéuticas, atención psicolóxica individual, Escola de familias e servizo de fisioterapia.

O novo servizo está especialmente deseñado durante a etapa inicial de funcionamiento para sensibilizar sobre o dereito á atención da Lei de Dependencia e asentar un servizo estable e adaptado ás necesidades reais da comunidade nunha nova aposta por achegar os coidados das demencias ao territorio, con calidade, dignidade e acompañamento real.

Para máis información ou inscricións: 672 70 50 53 · cdiaribeira@xunta.gal

Comments are closed.

Close Search Window