Benestar social e igualdade, Inmigración|

NOVO SERVIZO DE ASESORAMENTO XURÍDICO PARA PERSOAS INMIGRANTES DO CONCELLO DE PORTO DO SON

O obxectivo xeral que se persegue co presente servizo é : Informar, asesorar e acompañar ás persoas estranxeiras sobre os trámites e normas relacionadas co regulamento da situación de residencia, co obxecto de favorecer a integración sociolaboral e garantir o acceso aos seus dereitos

Os obxectivos específicos son:
a) Realizar trámites precisos para regularizar a súa residencia neste país
b) Informar, asesorar e acompañar nos trámites relativos á homologación de documentación, títulos e/ou permisos
c) Informar, asesorar e acompañar nos trámites de reagrupamentos familiares
d) Ofrecer información e asesoramento legal en tódolos trámites que se deriven da súa condición de persoa estranxeira

No Servizo de Asesoramento legal para inmigrantes terán cabidas todas as actividades dirixidas á consecucións dos obxectivos marcados no mesmo, polo que na atención directa á persoa inmigrante intervirase en procedementos tales como:

  • Autorizacións de residencia e/ou traballo e residencia
  • Autorizacións para traballar e/ou modificación de modalidade
  • Solicitude e renovación de NIE
  • Achegas de documentación
  • Renovación de autorizacións
  • Reagrupamentos familiares
  • Autorizacións de retorno
  • Trámites referidos á nacionalidade
  • Xustiza gratuíta

As persoas destinatarias serán seleccionadas tendo en conta como principal criterio que sexan persoas que pertenzan ao grupo de poboación inmigrante e teñan a consideración de colectivos vulnerables. Atendendo ao índice de poboación inmigrante co que a día de hoxe contamos no noso Concello, e a curva progresiva de aumento dos últimos anos, estimamos atender en todo o período que abrangue a subvención un total de 200 persoas agrupadas en 45 familias

🔵 Aberta a atención dende o 23 de AGOSTO ao 31 de DECEMBRO. As persoas interesadas neste servizo teñen que pedir cita no DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS do concello ou ben coa TRABALLADORA SOCIAL DE REFERENCIA.
Atenderase con cita previa para información de maneira integral ao colectivo de poboación inmigrante que reside no termo municipal de Porto do Son. Deste xeito, a vía principal de acceso será a través da derivación por parte das técnicas de Servizos Sociais do Concello de Porto do Son, así e todo cabe a posibilidade de atención a petición da propia persoa, sempre e cando cumpra os requisitos de acceso recollidos no apartado persoas destinatarias do presente documento. Na implantación do programa e no posterior desenvolvemento das actuación enmarcadas dentro do mesmo, daráselle especial atención e sensibilidade na atención á muller

Comments are closed.

Close Search Window