Benestar social e igualdade|

💜 As mesas locais nacen co obxectivo de canalizar os esforzos e recursos das diferentes institucións – con representación de todos os ámbitos municipais: político, social, sanitario, educativo, corpos e forzas de seguridade, e outros implicados, directa ou indirectamente- de cara á prevención e loita contra a violencia machista. A súa natureza insterinstitucional facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes institucións e colectivos sociais que interveñen no territorio.

Os días 23 e 30 de OUTUBRO terá lugar o programa formativo para o impulso da Mesa Local


O obxectivo da formación é o de facilitar claves para o traballo grupal e a dinamización e participación dos axentes que forman parte das Mesas Locais, a través da mellora das capacidades para a organización e a dinamización de procesos de traballo e de toma de decisións.

Estes son os retos que nos marcamos nas sesións formativas:

▪️ Mellorar a eficiencia do conxunto de espazos de toma de decisión, asembleas e reunións nos que se organizan as Mesas locais de coordinación

▪️ Identificar e pór en valor as lóxicas de traballo, así como os elementos ou obstáculos que facilitan/ dificultan a operatividade das Mesas locais

▪️ Identificar axentes e entidades do territorio para a procura de alianzas sobre as que deseñar estratexias de prevención e loita contra a violencia de xénero

▪️ Mellorar a coordinación e a participación activa das persoas que forman parte da Mesa Local

▪️ Identificar as condicións e habilidades facilitadoras para asentar a Mesa local de coordinación como espazo de referencia na colaboración para unha atención integral ás mulleres da contorna

▪️ Coñecer as competencias e habilidades persoais para un liderado democrático e transformador: comunicación, escoita activa, empatía, dinamización de grupos, mediación, moderación de reunións, resolución de conflitos…

Comments are closed.

Close Search Window