O Concello de Porto do Son , a través da Concellería de Xuventude, organiza unha excursión a Marcelle Natureza, un parque zoolóxico ubicado en Outeiro de Rei, provincia de Lugo.
Neste parque os seus visitantes poderan encontrar diversas especies de fauna autóctona como lobos, xabaríns, e osos pardos, así como especies exoticas: bisontes, lince boreal, suricatos, etc.
A viaxe está programada para o sábado 16 de abril, con hora de saída as 8:45 e de chegada as 21:00.
O transporte correra a cargo do Concello, polo tanto as persoas interesadas só terán que abonar a entrada que para os adultos ten un prezo de 16 € e para os nenos 14 €.
Cada persoa levará a súa comida (pic-nic), e os nenos que non vaian acompañados de un adulto deberan entregar autorización dos pais ou titores xunto coa ficha de inscrición.
Para facer a inscrición hai que apuntarse na Ludoteca Municipal antes do luns 11 de abril .
Mais información no teléfono 981 76 75 89 do 4 ao 8 de abril de 10:00 a 14:00 horas.