Benestar social e igualdade|

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, visitou hoxe a mesa local de coordinación contra a violencia de xénero que tivo lugar no novo edificio do Club de Xubilados.

A reunión tamén contou coa presenza de Manuela Vilaboy Romero, xefa da Unidade Contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación de Goberno en A Coruña, e Cristina Fontaíña, psicóloga do departamento de Benestar e Igualdade de Porto do Son.

As mesas locais nacen co obxectivo de canalizar os esforzos e recursos das diferentes institucións de cara á prevención e loita contra a violencia de xénero. A súa natureza insterinstitucional facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes institucións e colectivos sociais que interveñen no territorio.

Comments are closed.

Close Search Window