Xeral|

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, reuníuse onte coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, co obxectivo de abordar as necesidades de solo empresarial do municipio sonense.

No encontro, Lorenzana aproveitou para trasladarlle o compromiso da Xunta cos concellos e co tecido empresarial e explicoulles as novas figuras de creación de solo que o Goberno galego puxo en marcha este ano.

En concreto, a conselleira faloulle da Zona de Aceleración de Proxectos Empresariais e Solo (Zapes), que ten a finalidade de dar axilidade e facilidade a aqueles proxectos que precisan solo de maneira urxente; e as Zonas industriais rurais (ZIR) pensadas para actividades industriais de menor envergadura localizadas en áreas rurais con necesidades de solo empresarial.

Comments are closed.

Close Search Window