O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañado pola concelleira de Cultura, Alicia Martínez e o concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, reuníronse este semana coa nova directiva da Asociación de Empresarios de Portosín para establecer os obxectivos e a folla de ruta a seguir durante os vindeiros meses.
Por parte da AEP, asistiron a nova presidenta, María Esther Gianzo Carreira e a tesoureira, Berta Díez Martínez.
Na xuntanza tratáronse diversos temas como futuras colaboración entre Asociación e Concello, presentación de programacións, así como un plan de actividades a levar cabo.
Tras o encontro, Oujo destacou que “pola nosa parte seguiremos apoiando todo este tipo de iniciativas e asociacións que permiten construír unha vila con futuro, con desenvolvemento económico e creación de emprego”.
“Consideramos importante seguir fomentando a cultura emprendedora entre a veciñanza, así como a motivación e o acompañamento preciso para alcanzar un proxecto empresarial sólido e viable”, concluíu o alcalde.


