Cultura, ocio, tempo libre|

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, recibiu está mañá a Sofía Hauser Belmarço na casa consistorial para firmar o acordo de cesión de préstamo da obra LUZPINCOLOT II-XIV, do pintor Álvaro Negro.

A propietaria do lenzo fixo entrega desta obra, que foi creada no ano 2001 polo pintor galego. Así, o cadro estará instalado no despacho de alcaldía da Casa do Concello de Porto do Son. 

Tras a entrega o rexedor quixo agradecer “esta mostra de xenerosidade por parte de Sofía Hauser que aporta un gran valor cultural ao municipio” e puxo en relevancia “o préstamo desta obra dun pintor tan notable e recoñecido como Álvaro Negro”.

Comments are closed.

Close Search Window