Mar|

Os recintos portuarios de Porto do  Son e Portosín levan varias semanas cunha intensa actividade debido ao importante número de capturas de bocarte grazas a un gran banco desta especie fronte á costa da comunidade. 

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, acompañou ao conselleiro do Mar, Alfonso Villares, na súa visita aos peiraos do municipio para ver de primeira man os traballos de descarga deste produto pesqueiro do que só nesta semana foron comercializadas neste municipio coruñés 240 toneladas. Desde o inicio do ano chegaron ás lonxas galegas máis de 488 toneladas de bocarte, correspondendo ao redor do 70% das mesmas aos peiraos de Portosín e Porto do Son. 

Comments are closed.

Close Search Window