Novo curso 26/27 da Ludoteca municipal de Porto do Son, un servizo destinado a nenos/as de entre a 3 a 12 anos (nados entre 2014 e 2023)
O Concello do Porto do Son anuncia o comezo do curso 26/27 da Ludoteca Municipal, que dará comezo o 28 de setembro, terá dúas quendas:
Rapazada de 6 a 12 anos: luns, martes ou mércores, en horario de 16:30 a 19:30 horas. (Escoller un día)
Rapazada de 3 a 5 anos: xoves ou venres, en horario de 16:30 a 19:30 horas. (Escoller un día)
As familias interesadas poderán inscribirse a partir do luns, 21 de setembro, e ata completar prazas.
Para ser usuario/a da ludoteca será preciso que o pai/nai ou titor/a do menor entregue o formulario de inscrición debidamente cuberto e asinado Rexistro municipal ou por sede electrónica do Concello. As inscricións poderán realizarse a partir do luns, 21 de setembro.
As prazas serán outorgadas por orde de inscrición.
O venres, 25 de setembro, publicarase a primeira relación de admitidos podendo consultarse na propia ludoteca. A partir desta data, as novas admisións serán xestionadas e comunicadas dende a ludoteca.
Máis información na propia ludoteca, no teléfono 981 767 589 ou a través do enderezo electrónico omix@portodoson.gal

