Durante este verán a rapazada de Porto do Son poderá desfrutar da Ludoteca de verán, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos (nados/as entre 2013 e 2021). Un espazo socio-educativo infantil no que experimentarán con xogos populares, cooperativos e deportivos, guiados por monitores.
Esta iniciativa terá lugar do 30 de xuño ao 11 de xullo e do 18 ao 29 de agosto. Realizarase de luns a venres, en horario de 09:30 a 14:00 horas.
Os requisitos para apuntarse son:
- Nenos/as empadroados no Concello de Porto do Son
Darase prioridade (por orde de rexistro de entrada):
1-Os dous pais/nais traballando
2- Nai ou pai traballando.
As prazas son limitadas e as inscricións poderán realizarse do 16 ao 20 de xuño (ou ata rematar prazas) no rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello.
DESCARGA O FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Máis información dispoñible na Oficina de Deportes ou no teléfono 981 767 589.
Actividade cofinanciada polo Plan Corresponsables da Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género del Ministerio de Igualdad e a consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
