Durante este verán a rapazada de O Porto do Son poderá desfrutar da Ludoteca de verán, dirixida a nenos e nenas de 3 a 12 anos (nados/as entre 2014 e 2022). Un espazo socio-educativo infantil no que experimentarán con xogos populares, cooperativos e deportivos, guiados por monitores.
Esta iniciativa lúdico-educativa ten o obxectivo de ampliar e mellorar o servizo de Ludoteca municipal, ofrecendo unha alternativa para a época de vacacións escolares e favorecendo a conciliación.
A ludoteca de verán levarase a cabo en dúas quendas:
1ª quenda: do 29 de xuño ao 10 de xullo
2ª quenda: do 17 ao 28 de agosto.
IMPORTANTE: Deberán escoller unha quenda, e no caso de quedar prazas vacantes poderán optar á outra, seguindo a mesma orde de inscrición e prioridades.
- Horario:
De luns a venres, de 09:30 a 14:00 horas. - Inscricións:
As prazas son limitadas e as inscricións poderán realizarse do 1 ao 4 de xuño (ou ata rematar prazas) no rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello. A rapazada deberá estar empadroada no Concello de O Porto do Son ou matriculado nun CEIP municipal. - Criterios de adxudicacións de prazas:
As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición e atendendo as seguintes prioridades:
- Os dous pais/ nais traballando ou pai/nai traballando en caso de familia monoparental.
- Nai ou pai traballando.
Máis información dispoñible a través do email omix@portodoson.gal ou no teléfono 981 767 589.
Actividade cofinanciada polo Plan Corresponsables da Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género del Ministerio de Igualdad e a consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.


