O alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, mantivo unha xuntanza de traballo coa Conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e co Director Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis
Chan, na que se abordaron diversos asuntos de interese para o municipio relacionados co ámbito rural.
Durante a reunión, o rexedor trasladou ao goberno galego diferentes necesidades do Concello en materia de desenvolvemento rural, coa finalidade de establecer vías de colaboración que permitan mellorar a calidade de vida da veciñanza, potenciar o aproveitamento sostible dos recursos naturais e reforzar a prevención de incendios forestais.
O alcalde agradeceu a disposición mostrada pola Conselleira e o Director Xeral destacando que “este tipo de encontros son fundamentais para avanzar na mellora do noso rural. A colaboración entre administracións é clave para dar resposta ás demandas dos nosos veciños e veciñas”, sinalou José Luis Oujo.