Xa está dispoñible o formulario de inscrición para os campamentos de verán – Movida Urbana 2025 de Porto do Son, dirixidos á rapazada de 3 a 12 anos (nados/as entre 2013 e 2021).
Esta iniciativa terá lugar do 14 de xullo ao 14 de agosto, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas e se levarán a cabo en Porto do Son, Portosín e Xuño.
As familias interesadas poderán anotarse no campamento completo ou na quenda que prefieran:
-
- Quenda 1: Do 14 de xullo ao 1 de agosto
-
- Quenda 2: Do 4 ao 14 de agosto
As inscricións poderán realizarse do 5 ao 18 de xuño no rexistro municipal ou a través da sede electrónica do Concello.
O formulario de inscrición estará dispoñible a partir do martes 3 de xuño.
Máis información dispoñible na Oficina de Deportes ou no teléfono 981 767 589.
PRIORIDADE DE INSCRICIÓN
- Neno/a empadroado/a no Concello de Porto do Son (con data anterior a apertura da inscrición) ou matriculado nun Centro Educativo de Porto do Son (acreditar a matrícula).
- Usuarios/as do Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Porto do Son, ou que pertenzan a familias vítimas de violencia de xénero, familias monoparentais ou usuarios/as con discapacidade igual ou superior ao 33%
- Familias numerosas
Segundo a orde de inscrición
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- Formulario de solicitude asinado polo pai e a nai,ou titores/as legáis
- Fotocopia do DNI do menor solicitante (ou libro de familia) e pai, nai ou titores legáis +fotocopia da tarxeta sanitaria ou documento equivalente
- Impreso acreditativo do pago da cuota
Prezo público
Campamento completo: 14 de Xullo-14 de Agosto: 125€
1ª quenda:14 de Xullo-O1 de Agosto: 75€
2ª quenda:04 de Agosto – 14 de Agosto: 50€
BONIFICACIÓNS
- Bonificación do 25% para o 2° irmá
- Bonificación do 90% para usuarios/as do servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello ou que pertenzan a familias vitimas de violencia de xénero, familias monoparentais e usuarios/as con discapacidade igual ou superior ao 33%
- Bonificación do 40% familia numerosa categoría especial
- Bonificación do 30% familia numerosa categoría xeral
Actividade cofinanciada polo Plan Corresponsables da Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género del Ministerio de Igualdad e a consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia.
Descarga formulario de inscrición – Movida Urbana 2025

