Xeral|

Dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a FEGAMP informan que Telefónica está a levar a cabo o apagado de centrais de cobre que prestan servizo no ámbito territorial do municipio.

Este proceso de peche de centrais lévase a cabo por parte do operador Telefónica co motivo da transformación da súa rede de acceso de pares de cobre e o cesamento no seu uso, ao migrar os usuarios que dependen destas centrais para estar atendidos mediante fibra óptica ou outras tecnoloxías. Este proceso de apagado das redes de cobre afecta a todos os operadores que presten servizo mediante liñas de cobre.

Con todo, segundo a información actual publicada pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), organismo competente nesta materia, Telefónica realizará o peche completo da rede de cobre en maio de 2025.

Entendemos que este proceso pode xerar dúbidas e posibles incidencias entre os usuarios finais. Para atender calquera consulta ou problema, pódese poñer en contacto co seu operador a través das súas canles comerciais habituais

Adicionalmente, para calquera outra consulta relacionada coa banda larga, ten á súa disposición a Oficina do Plan de Banda Larga, a través do enderezo electrónico  oficina.bandalarga@xunta.es ou chamando ao 981 95 78 68, en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00 horas. E se o precisan, sempre está a desposición da nosa veciñanza o teléfono do noso Concello: 981 76 74 12.

Comments are closed.

Close Search Window