Sentimos advertirle de que su navegador web no está actualizado.

La web a la que intenta acceder utiliza las últimas tecnologías para crear una experiencia de usuario única por compatible únicamente con las últimas actualizaciones de los navegadores web más usados. Para descargarse las últimas versiones de estos navegadores, por favor, escoja en la lista su navegador favorito y descárguelo.

Muchas Gracias.

Un lugar para admirar,

un lugar para visitar

Gastronomía mariñeira

sonsabor

Viaxe gastronómica desde a orixe
Viaje gastronómico desde el origen
1-2 días | Categorización: Gastronómica, Auténtica, Cultural, Sostible

gal
Todo o ano é posible degustar o peixe e o marisco que a diario se descarga nos nosos peiraos e que, tras a poxa na lonxa, chega ao mercado e á nosa rede hostaleira. Repartida por todo o territorio, en Porto do Son e Portosín, restaurantes e tapeo concéntranse arredor dos portos.

Citas gastronómicas de referencia son a Festa do polbo de Porto do Son (agosto) e as sardiñadas que acompañan as festas do Carmen todo o verán. As máis concorridas son en Queiruga (25 xullo), Portosín (agosto), Porto do Son (8 setembro) e O Loreto (9 setembro).

Ben seguro que os amantes do bo comer traedes anotado a visita á praza de abastos e ao mercado dos sábados onde atopar os produtos do noso mar e da terra frescos, en conserva ou elaborados e listos para o consumo. A todos, bo proveito!

esp
Todo el año es posible degustar el pescado y el marisco que a diario se descarga en nuestros muelles y que, tras la subasta en la lonja, llega al mercado y a nuestra red hostelera. Repartida por todo el territorio, en Porto do Son y Portosín, restaurantes y tapeo se concentran alrededor de los puertos.

Citas gastronómicas de referencia son la Fiesta del pulpo de Porto do Son (agosto) y las sardinadas que acompañan las fiestas del Carmen todo el verano. Las más concurridas son en Queiruga (25 julio), Portosín (agosto), Porto do Son (8 septiembre) y O Loreto (9 septiembre).

Seguro que los amantes del buen comer traéis anotado la visita a la plaza de abastos y al mercado de los sábados en donde encontrar los productos de nuestro mar y de la tierra frescos, en conserva o elaborados y listos para el consumo. A todos, ¡buen provecho!



Experiencias:

A chegada do mar: portos e lonxas
Restauración e tapeo
Praza de abastos
Mercado dos sábados
Eventos gastronómicos



 A chegada do mar: portos e lonxas
      La llegada del mar: puertos y lonjas

Coordenadas:
Porto de Porto do Son: 42.727235384756504, -9.003441842955201
Porto de Portosín: 42.76216503913463, -8.948755712322784

gal
Unha das visitas imprescindibles para calquera persoa con afección pola cultura gastronómica do mar son o porto e a lonxa, onde está a orixe do produto. No municipio de Porto do Son contamos con ambos nas vilas mariñeiras de Porto do Son e de Portosín.

Toda persoa que se achegue a eles vivirá a nosa cultura mariñeira observando o traballo dos profesionais do mar, a chegada das embarcacións, a descarga do peixe e do marisco fresca e a súa venda na lonxa. Ademais, o porto de Portosín está catalogado como o mellor porto de cerco de Galicia.

Entre as especies capturadas e que poderás ver in situ destacan as sardiñas, os xurelos, as xardas ou o polbo. As marcas Azul de Portosín e Polbo de Lonxa garanten a calidade de ambos os produtos e a súa promoción.

Para completar esta visita, podes compartir impresións cos traballadores do mar, como as redeiras.

esp
Una de las visitas imprescindibles para cualquier persona con afición por la cultura gastronómica del mar debe ser el puerto y la lonja, en donde está el origen del producto. En el municipio de Porto do Son contamos con ambos en las villas marineras de Porto do Son y de Portosín.

Toda persona que se acerque a ellos vivirá la cultura marinera observando el trabajo de los profesionales del mar, la llegada de las embarcaciones, la descarga del pescado y del marisco fresco y su venta en la lonja. Además, el puerto de Portosín está catalogado como el mejor puerto del cerco de Galicia.

Entre las especies capturadas y que podrás ver in situ destacan las sardinas, jureles, caballas o el pulpo. Las marcas propias Azul de Portosín y Pulpo de Lonja garantizan la calidad de ambos productos y su promoción.

Para completar esta visita, puedes compartir impresiones con los trabajadores del mar, como las redeiras.



 Restauración e tapeo en Porto do Son e Portosín
      Restauración y tapeo en Porto do Son y Portosín

Coordenadas:
Praza de España: 42.724998184150664, -9.00437072983046
Praza do Curro: 42.758841, -8.949160

gal
Porto do Son conta con fabulosos restaurantes nos que poderás degustar unha oferta gastronómica rica e variada. Aquí atoparás desde locais que ofrecen elaboracións culinarias vangardistas e modernas, a establecementos cunha cociña máis familiar e tradicional. En ambos os casos, a calidade da experiencia está garantida.

Se es un afeccionado á atmosfera do tapeo, en Porto do Son diríxete á zona da praza de España e en Portosín, á praza do Curro, as dúas de arredor do porto.

Consulta teléfonos e direccións no noso directorio Onde comer

esp
Porto do Son cuenta con fabulosos restaurantes en los que podrás degustar una oferta gastronómica rica y variada. Aquí encontrarás desde locales que ofrecen elaboraciones culinarias vanguardistas y modernas, a establecimientos con una cocina más familiar y tradicional. En ambos casos, la calidad de la experiencia está garantizada.

Si eres un aficionado a la atmósfera del tapeo, en Porto do Son dirígete a la zona de la plaza de España y en Portosín, a la plaza de O Curro, las dos en los alrededores del puerto.

Consulta teléfonos y direcciones en nuestro directorio Dónde comer



 Praza de abastos
      Plaza de abastos

Coordenadas: 42.72570394092346, -9.0035737230064

gal
Para os amantes do bo comer, visitar os mercados é unha experiencia única porque a comida é cultura. Explorar a praza de abastos de Porto do Son é unha estimulante fonte de inspiración, na que será difícil evitar a tentación de comprar produtos frescos do día. Alí poderás intercambiar recomendacións, trucos e receitas con grandes coñecedores da gastronomía local, que te introducirán nas distintas variedades tanto de peixes e mariscos como de produtos da terra, principalmente verduras e hortalizas, pan, empanadas ou queixos, entre outros.

Recentemente remodelada e adaptada, trátase dunha visita especial para coñecer de primeira man os produtos frescos de calidade que se degustan a diario en Porto do Son, así como para observar que se ofrece e se compra nun auténtico mercado galego.

esp
Para los amantes del buen comer, visitar los mercados es una experiencia única porque la comida es cultura. Adentrarse en la plaza de abastos de Porto do Son es una estimulante fuente de inspiración, en la que será difícil evitar la tentación de comprar productos frescos del día. Allí podrás intercambiar recomendaciones, trucos y recetas con grandes conocedores de la gastronomía local, que te introducirán en las distintas variedades tanto de pescados y mariscos como de productos de la tierra, principalmente verduras y hortalizas, pan, empanadas o quesos, entre otros.

Recientemente remodelada y adaptada, se trata de una visita especial para conocer de primera mano los productos frescos de calidad que a diario se degustan en Porto do Son, así como para observar qué se ofrece y se compra en un auténtico mercado gallego.



 Mercado dos sábados
      Mercado de los sábados

Coordenadas: 42.72638771370587, -9.004321536208513

gal
Os sábados pola mañá, a dársena de Porto do Son acolle un mercado semanal ao aire libre onde se poden adquirir produtos frescos, en conserva ou elaborados e listos para o consumo, entre outros.

esp
Los sábados pola la mañana, la dársena de Porto do Son acoge un mercado semanal al aire libre en donde se pueden adquirir productos frescos, en conserva o elaborados y listos para el consumo, entre otros.



 Eventos gastronómicos

gal
Algunhas das citas gastronómicas de referencia en Porto do Son:

Festa do polbo
Celébrase no mes de agosto baixo unha carpa que se sitúa no peirao de Porto do Son. É unha xornada de exaltación e promoción desta especie, da que se serven unhas dúas mil racións, así como doutros produtos típicos como empanada e mexillóns. O programa adoita incluír actividades paralelas, como música ou roteiros de sendeirismo.

Sardiñadas
As sardiñadas acompañan as festas do Carmen todo o verán. As máis concorridas son en Queiruga (25 xullo), Portosín (agosto) e O Loreto, en Porto do Son (9 setembro).

Xornadas micolóxicas
A Comunidade de Montes de Baroña organiza anualmente, nos meses de inverno, unhas xornadas micolóxicas. Nas mesmas teñen lugar charlas sobre os aspectos máis destacados desta actividade, saídas ao monte para recoller cogomelos e talleres de preparación e degustación.

Festa da filloa
Coincidindo co Entroido, na parroquia de Miñortos celébrase esta festa gastronómica na que a maiores doutras actividades como concursos de disfraces ou actuacións musicais, hai unha degustación de sobremesas típicas destas datas como filloas ou orellas.

esp
Algunas de las citas gastronómicas de referencia son:

Fiesta del pulpo
Se celebra en el mes de agosto bajo una carpa que se instala en el muelle de Porto do Son. Es una jornada de exaltación y promoción de esta especie, de la que se sirven unas dos mil raciones, así como de otros productos típicos como empanada y mejillones. El programa suele incluir actividades paralelas, como música o rutas de senderismo.

Sardinadas
Las sardinadas acompañan las fiestas del Carmen todo el verano. Las más concurridas son en Queiruga (25 julio), Portosín (agosto) y O Loreto, en Porto do Son (9 septiembre).

Jornadas micológicas
La Comunidad de Montes de Baroña organiza anualmente, en los meses de invierno, unas jornadas micológicas. En las mismas tienen lugar charlas sobre los aspectos más destacados de la actividad, salidas al monte para recoger setas y talleres de preparación y degustación.

Festa da filloa
Coincidiendo con el Carnaval, en la parroquia de Miñortos se celebra esta fiesta gastronómica en la que a mayores de otras actividades como concursos de disfraces o actuaciones musicales, se realiza una degustación de las sobremesas típicas de estas fechas como filloas o orejas.

GALERÍA DE FOTOS

galeria-panoramicas