Sentimos advertirle de que su navegador web no está actualizado.

La web a la que intenta acceder utiliza las últimas tecnologías para crear una experiencia de usuario única por compatible únicamente con las últimas actualizaciones de los navegadores web más usados. Para descargarse las últimas versiones de estos navegadores, por favor, escoja en la lista su navegador favorito y descárguelo.

Muchas Gracias.

Un lugar para admirar,

un lugar para visitar

Turismo mariñeiro

sonmar

Oficio e tradición mariñeira
Oficio y tradición marinera
1-2 días | Categorización: Activa, Natural, Sostible

gal
O porto pesqueiro de Porto do Son marca a división marítima entre as Rías Baixas e as Rías Altas de Galicia. Xunto co de Portosín, ambos son o epicentro da nosa cultura mariñeira. Desde os seus peiraos saen os pescadores faenar ao amencer e á tardiña para despois vender o peixe e o marisco nas lonxas. Aquí traballan as redeiras e, no pasado, chegaban os barcos cargados de sardiña para conservar nas fábricas de salga que agora son o noso patrimonio industrial. Situados ao abrigo dos ventos, ofrecen tamén numerosas actividades acuáticas para gozar da ría.

Aproveita esta experiencia para achegarte ao Museo Marea, gardián da nosa memoria a través dunha interesante colección etnográfica, ou a santuarios mariñeiros como o do Carmen, en Porto Nadelas.

esp
El puerto pesquero de Porto do Son marca la división marítima entre las Rías Baixas y las Rías Altas de Galicia. Junto con el de Portosín, ambos son el epicentro de nuestra cultura marinera. Desde sus muelles salen los pescadores a faenar al amanecer y al atardecer para después vender el pescado y el marisco en las lonjas. Aquí trabajan las rederas y, en el pasado, llegaban los barcos cargados de sardina para conservar en las fábricas de salazón que ahora son nuestro patrimonio industrial. Situados al abrigo de los vientos, ofrecen también numerosas actividades acuáticas para disfrutar de la ría.

Aprovecha esta experiencia para acercarte al Museo Marea, guardián de nuestra memoria a través de una interesante colección etnográfica, o a santuarios marineros como el del Carmen, en Porto Nadelas.



Experiencias:

Porto e lonxa de Portosín
Porto e lonxa de Porto do Son
Redeiras
Fábricas de salga
Marea, museo da memoria mariñeira
Cruz de Porto Nadelas



 Porto e lonxa de Portosín
      Puerto y lonja de Portosín

Porto de Portosín: 42.76216503913463, -8.948755712322784

gal
O porto pesqueiro de Portosín é base dunha das máis numerosas frotas de cerco de Galicia que, sobre todo, captura especies como xurelos, xardas ou a riquísima sardiña, converténdoo nun importante porto de descarga de peixe azul. A súa calidade impulsou que o porto obtivese o selo Azul de Portosín, unha marca de calidad que visibiliza ás empresas e traballadores que se dedican á pesca destas especies.

Escoita! Os toques da serea da lonxa informan ao longo do día do tipo e volume das capturas dos barcos de cerco.

Na zona da mariña está situado o Real Club Náutico de Portosín, que fomenta o desenvolvemento de actividades náuticas, estando especializado na navegación a vela. Ademais, acolle importantes regatas e campionatos.

O Real Club Náutico de Portosín é tamén unha das paradas de referencia da Travesía Náutica Xacobea, unha das rutas marítimas do Camiño de Santiago, e o vínculo do municipio cun dos maiores patrimonios materiais e inmateriais de Galicia.

esp
El puerto pesquero de Portosín es base de una de las más numerosas flotas de cerco de Galicia que, sobre todo, captura especies como jureles, caballas o la riquísima sardina, convirtiéndolo en un importante puerto de descarga de pescado azul. Su calidad impulsó que el puerto obtuviera el sello Azul de Portosín, una marca de calidad que visibiliza a las empresas y trabajadores que se dedican a la pesca de estas especies.

¡Escucha! Los toques de la sirena de la lonja informan a lo largo del día del tipo y volumen de las capturas de los barcos de cerco.

En la zona de la marina está situado el Real Club Náutico de Portosín, que fomenta el desarrollo de actividades náuticas, estando especializado en la navegación a vela. Además, acoge importantes regatas y campeonatos.

El Real Club Náutico de Portosín es también una de las paradas de referencia de la Travesía Náutica Xacobea, una de las rutas marítimas del Camino de Santiago, y el vínculo del municipio con uno de los mayores patrimonios materiales e inmateriales de Galicia.



 Porto e lonxa de Porto do Son
      Puerto y lonxa de Porto do Son

Porto de Porto do Son: 42.727235384756504, -9.003441842955201

gal
No fondo da ría de Muros e Noia localízase o porto pesqueiro de Porto do Son, que marca a división marítima entre as Rías Baixas e as Rías Altas.

A frota de fondo de Porto do Son ten entre as súas principais especies o abadexo, o congro, as fanecas, a raia ou o rodaballo, convivindo con pequenas embarcacións que se dedican ao marisqueo ou á nasa para coller polbo.

Precisamente, na lonxa, o polbo con selo de calidade Polbo en Lonxa é un dos grandes protagonistas das poxas. Esta marca garante a calidade e a orixe do produto procedente dalgunha das seis rulas da ría de Muros e Noia.

Na zona da mariña atópase o Club Náutico de Porto do Son, que fomenta a práctica de actividades acuáticas como a pesca deportiva.

Tradición xacobea
Porto do Son é un dos catro portos da ría nos que se inicia a variante do Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia. Os outros tres son Muros, Freixo e Noia desde onde os peregrinos teñen que continuar a pé por Lousame, Rois, Brión e Ames para chegar a Santiago.

esp
En el fondo de la ría de Muros y Noia se localiza el puerto pesquero de Porto do Son, que marca la división marítima entre las Rías Baixas y las Rías Altas.

La flota de fondo de Porto do Son tiene entre sus principales especies el abadejo, el congrio, la faneca, la raya o el rodaballo, que conviven con pequeñas y tradicionales embarcaciones que se dedican al marisqueo o a la nasa para coger pulpo.

Precisamente, en su lonja, el pulpo con sello de calidad Pulpo en Lonja es uno de los grandes protagonistas de las pujas. Esta marca garantiza la calidad y el origen del producto procedente de alguna de las seis rulas de la ría de Muros y Noia.

En la zona de la marina se encuentra el Club Náutico de Porto do Son, que fomenta la práctica de actividades acuáticas como la pesca deportiva.

Tradición jacobea
Porto do Son es uno de los cuatro puertos de la ría en los que se inicia la variante del Camino de Santiago por la ría de Muros y Noia. Los otros tres son Muros, Freixo y Noia desde donde los peregrinos tienen que continuar a pie por Lousame, Rois, Brión y Ames para llegar a Santiago.



 Redeiras
      Rederas

Coordenadas:
Porto de Porto do Son: 42.727235384756504, -9.003441842955201
Porto de Portosín: 42.76216503913463, -8.948755712322784

gal
As redeiras de Porto do Son e Portosín desenvolven un traballo excepcional na arte da fabricación e reparación de redes e aparellos. Trátase dun dos oficios mariñeiros máis antigos e que tradicionalmente foi desenvolto por mulleres. Grazas á súa dedicación e esforzo é posible que os barcos saian pescar.

esp
Las rederas de Porto do Son y Portosín desarrollan un trabajo excepcional en el arte de la fabricación y reparación de redes y aparejos. Se trata de uno de los oficios marineros más antiguos y que tradicionalmente ha sido desarrollado por mujeres. Gracias a su dedicación y esfuerzo hacen posible que los barcos salgan a pescar.



 Museo Marea – Oficina de turismo

Coordenadas: 42.72647830899779, -9.00509400972917

gal
O Museo Marea é un espazo etnográfico centrado na exposición de pezas e na trasmisión de historias das xentes do Son, así como da cultura mariñeira doutras localidades da ría.

No seu interior verás unha dorna que vogou durante décadas pola ría de Muros e Noia ou exposicións sobre as artes de pesca, os naufraxios que tiveron lugar na zona (destacando o afundimento do Prestige), os oficios das mulleres do mar e obxectos e imaxes das industrias da salga e da conserva. Tamén dispón dun espazo ambientado polas voces e testemuños de persoas do mar que narran as súas vivencias en primeira persoa.

Realizan visitas para grupos e escolares e é tamén punto de información turística todo o ano.

esp
El Museo Marea es un espacio etnográfico centrado en la exposición de piezas y en la trasmisión de historias de las gentes del Son y de la cultura marinera de otras localidades de la ría.

En su interior verás una dorna que bogó durante décadas por la ría de Muros y Noia y exposiciones sobre las artes de pesca, los naufragios que tuvieron lugar en la zona (destacando el hundimiento del Prestige), los oficios de las mujeres del mar y objetos e imágenes de las industrias de la salazón y la conserva. También dispone de un espacio ambientado por las voces y testimonios de personas del mar que narran sus vivencias en primera persona.

Realizan visitas para grupos y escolares y es punto de información turística todo el año.



 Fábricas de salga
      Fábricas de salazón

Coordenadas:
Porto do Son
Da familia Ferrer: 42.726415331048244, -9.005427277005072
Da familia Lestón: 42.726003525340424, -9.004839873253069

Portosín
Da familia Ferrer: 42.758433275924666, -8.949417276636451
Da familia Roig Rechou (actual estudio arquitectura Marmuro): 42.75859956936776, -8.947222635724406
Restaurante A Casa do Tella e Rosalía: 42.75836237969958, -8.949281825082366

gal
A abundancia de sardiña nas costas galegas anos motivou, a principios do s. XIX, a chegada masiva de empresarios cataláns para comercializar esta especie. Estas familias se asentaron en numerosas localidades costeiras nas que montaban as súas fábricas de salga, entre elas, Porto do Son e Portosín onde se conservan medio cento destas emblemáticas construcións que agora forman parte do noso pasado industrial. O escritor Santiago Llovo rescatou a historia da salga na vila sonense no libro "A salga no Son".

Algunhas das antigas fábricas que se poden ver nun percorrido polas vilas mariñeiras de Porto do Son e de Portosín son a situada no illote de punta Anguieira, as da familia Ferrer ou Lestón. Foron reconvertidas en vivendas privadas ou destinadas a usos profesionais ou hostaleiros. Dúas delas son agora un estudio de arquitectura e un restaurante.

esp
La abundancia de sardina en las costas gallegas años provocó, a principios del s. XIX, la llegada masiva de empresarios catalanes para comercializar esta especie. Las familias se asentaron en numerosas localidades costeras en las que montaban sus fábricas de salazón, entre ellas, Porto do Son y Portosín en donde se conservan medio centenar de estas emblemáticas construcciones que ahora forman parte de nuestro pasado industrial. El escritor Santiago Llovo rescató la historia de la salazón en la villa sonense en el libro "A salga no Son".

Algunas de las antiguas fábricas de salazón que se pueden ver en un recorrido por las villas marineras de Porto do Son y Portosín son la situada en el islote de punta Anguieira, las de la familia Ferrer o Lestón. Fueron reconvertidas en viviendas privadas o destinadas a usos profesionales o hosteleros. Dos de ellas son ahora un estudio de arquitectura y un restaurante.



 Santuario do Carmen en Porto Nadelas
      Santuario del Carmen en Porto Nadelas

Coordenadas: 42.67088625818385, -9.0381058367037

gal
En Porto Nadelas, na parroquia de Queiruga, atópase o santuario do Carmen ao que se chega por unha pasarela de madeira ben acondicionada. É un pequeno templo escavado na pedra no que, todo o ano, se venera á patroa dos mariñeiros, e se festexa durante as festas patronais do 25 de xullo. Este día, a imaxe volve ao seu pedestal para saír en procesión nun percorrido pola pasarela.

Nas inmediacións atópase a cala de Porto Nadelas, que serviu durante anos como pequeno porto natural para as embarcacións dos mariñeiros de Queiruga, así como os restos do castro de Porto Nadelas, da Idade de Ferro.

Desde esta localización poderás gozar dunhas impresionantes vistas do litoral sonense.

esp
En Porto Nadelas, en la parroquia de Queiruga, se encuentra el santuario del Carmen al que se llega por una pasarela de madera bien acondicionada. Es un pequeño templo excavado en la piedra en el que, todo el año, se venera a la patrona de los marineros, y se festeja durante las fiestas patronales de 25 de julio. Este día, la imagen vuelve a su pedestal para salir en procesión en un recorrido por la pasarela.

En las cercanías se encuentra la cala de Porto Nadelas, que sirvió durante años como pequeño puerto natural para las embarcaciones de los marineros de Queiruga, así como los restos del castro de Porto Nadelas, de la Edad de Hierro.

Desde esta localización podrás disfrutar de unas impresionantes vistas del litoral sonense.

GALERÍA DE FOTOS

galeria-panoramicas

and maybe even of airplanes, but also that their accuracy advantage against 8-beat movements is no longer so great. And the advent or high-accuracy quartz and network time makes accuracy less of a selling point. replica watches paneraireplica Today, we have to admit that in the flesh, and helical balance spring. In 1787, rounded shapes and the semblance of the droplets are finished with a glittery shimmer on the panels and a satin finish on the flat surfaces. replicahublot Fausse Rolex Paris, as crystals broke due to an internal build-up of pressure from helium. Before receiving the Hemel Track Watch.