Sentimos advertirle de que su navegador web no está actualizado.

La web a la que intenta acceder utiliza las últimas tecnologías para crear una experiencia de usuario única por compatible únicamente con las últimas actualizaciones de los navegadores web más usados. Para descargarse las últimas versiones de estos navegadores, por favor, escoja en la lista su navegador favorito y descárguelo.

Muchas Gracias.

Un lugar para admirar,

un lugar para visitar

Deporte e ocio náutico

sonaventura

Escenario infinito para o deporte
Escenario infinito para el deporte
1-2 días | Categorización: Activa, Natural, Sostible

gal
En Porto do Son contamos con espléndidos espazos naturais para a práctica deportiva. De sobra coñecida é a idoneidade do noso mar para a navegación a vela, o mergullo, o surf, o windsurf ou a pesca deportiva, entre outras moitas actividades acuáticas.

Terra adentro, unha extensa rede de sendeirismo, sinalizada e para todos os niveis de dificultade, descubrirache o territorio a pé. En concreto, a Senda litoral enlaza a costa de norte a sur, uns 30 km, entre punta Cabalo (Miñortos) e Espiñeirido (San Pedro de Muro). Para os máis activos e aventureiros, hai multitude de eventos de recoñecido prestixio como a carreira SinSon 10K, campionatos de BTT, skate, BMX, práctica libre de trekking, ciclismo ou incluso escalada por paredes verticais no Castro de Baroña e parapente desde o monte Iroite.

esp
En Porto do Son contamos con espléndidos espacios naturales para la práctica deportiva. De sobra conocida es la idoneidad de nuestro mar para la navegación a vela, el buceo, el surf, el windsurf o la pesca deportiva, entre otras muchas actividades acuáticas.

Tierra adentro, una extensa red de senderismo, señalizada y para todos los niveles de dificultad, te descubrirá el territorio a pie. En concreto, la Senda litoral enlaza la costa de norte a sur, unos 30 km, entre punta Cabalo (Miñortos) y Espiñeirido (San Pedro). Para los más activos y aventureros, hay multitud de eventos de reconocido prestigio como la carrera SinSon10 K, campeonatos de BTT, skate, BMX, práctica libre de trekking, ciclismo o incluso escalada por paredes verticales en el Castro de Baroña y parapente desde el monte Iroite.



Experiencias:

Parapente
Ocio nático
Mergullo
Escalada vertical
Ciclismo
Surf
Sendeirismo
Eventos deportivos



 Parapente

Coordenadas monte Iroite: 42.726955576716605, -8.92365394711725

gal
Se queres sentir a sensación de voar, en Porto do Son poderás vivir unha aventura realmente diferente desde o aire.

Empresas especializadas en deporte de aventura ofrecen saídas en parapente da man de profesionais nesta disciplina. A aventura comeza no monte Iroite, desde onde as vistas xa son impresionantes, e acaba en Portosín, cun voo agradable no que vivirás sensacións únicas gozando desde o aire das panorámicas de Porto do Son e da ría de Muros e Noia.

No directorio Que facer podes consultar o seu contacto.

esp
Si quieres sentir la sensación de volar, en Porto do Son podrás vivir una aventura realmente diferente desde el aire.

Empresas especializadas en deporte de aventura ofrecen salidas en parapente de la mano de profesionales en esta disciplina. La aventura comienza en el monte Iroite, desde donde las vistas ya son impresionantes, y termina en Portosín, con un vuelo agradable en el que vivirás sensaciones únicas disfrutando desde el aire de las panorámicas de Porto do Son y de la ría de Muros y Noia.

En el directorio Qué hacer puedes consultar su contacto.



 Ocio nático

Coordenadas:
CN Porto do Son: 42.727136427642684, -9.004740932900713
RCN Portosín: 42.76438029089511, -8.944619878914432

gal
Xunto ás mariñas de Porto do Son e de Portosín atópanse os seus clubs náuticos. Neles pódense realizar diversas actividades náuticas e asistir a campionatos organizados.

O Club Náutico de Porto do Son agrupa a veciños, residentes e visitantes nas súas instalacións, nas que se promove a cultura do mar e a práctica da pesca deportiva.

O Real Club Náutico de Portosín fomenta especialmente a navegación a vela durante todo o ano. Aquí celébranse importantes campionatos, regatas, competicións de pesca e, por suposto, de vela.

No directorio Que facer podes consultar o seu contacto.

esp
Junto a las marinas de Porto do Son y de Portosín se encuentran sus clubes náuticos. En ellos se pueden realizar diversas actividades y asistir a campeonatos organizados.

El Club Náutico de Porto do Son agrupa a vecinos, residentes y visitantes en sus instalaciones, en las que se promueve la cultura del mar y la práctica de la pesca deportiva.

El Real Club Náutico de Portosín fomenta especialmente la navegación a vela durante todo el año. Aquí se han celebrado importantes campeonatos, regatas, competiciones de pesca y, por supuesto, de vela.

En el directorio Qué hacer puedes consultar su contacto.



 Mergullo
      Buceo

Coordenadas: 42.7281066924179, -9.003551902211152

gal
Porto do Son é tamén un destino ideal para realizar actividades baixo a auga e coñecer o medio mariño desde outro punto de vista.

Empresas de deportes acuáticos con base e escola na localidade ofrecen actividades relacionadas principalmente co mergullo e coa pesca submarina, podendo facer ademais cursos específicos para a obtención de titulacións ou saídas adaptadas a distintos niveis.

No directorio Que facer podes consultar o seu contacto.

esp
Porto do Son es también un destino ideal para realizar actividades bajo el agua y conocer el medio marino desde otro punto de vista.

Empresas de deportes acuáticos con base y escuela en la localidad ofrecen actividades relacionadas principalmente con el buceo y la pesca submarina, pudiendo hacer además cursos específicos para la obtención de titulaciones o salidas adaptadas a distintos niveles.

En el directorio Qué hacer puedes consultar su contacto.



cedidas por: Mergullo Compostela



 Escalada vertical

Coordenadas: 42.69881030422058, -9.028089720013696

gal
As grandes rocas puídas polo vento nas inmediacións do Castro de Baroña son moi frecuentadas por afeccionados á escalada libre por conta propia ou en actividades dirixidas por unha escola situada moi preto desta fermosa contorna natural.

Esta escola de granito de dúas micas conta con 59 vías de 12 metros de altura media, un total de 674 metros de escalada. A actividade pódese realizar durante todo o ano.

No directorio Que facer podes consultar o seu contacto.

esp
Las grandes rocas pulidas por el viento en la inmediaciones del Castro de Baroña son muy frecuentadas por aficionados a la escalada libre por cuenta propia o en actividades dirigidas por una escuela situada muy cerca de este hermoso entorno natural.

Esta escuela de granito de dos micas cuenta con 59 vías de 12 metros de altura media, un total de 674 m de escalada. La actividad se puede realizar durante todo el año.

En el directorio Qué hacer puedes consultar su contacto.



 Ciclismo BTT

gal
Pedalear polo territorio é outra aventura da que podes gozar en Porto do Son. Ademais das mencionadas rutas de sendeirismo sinalizadas e das rutas que se poidan atopar en ferramentas como Wikiloc, destaca o roteiro para realizar en bicicleta “Castro de Baroña e monte Enxa”. Cos seus 51 km e unha altura máxima de 548 metros, transcorre por escenarios dun gran valor paisaxístico e patrimonial.

Se necesitas máis información, o Club Ciclista Sonense organiza actividades, roteiros, guías ou eventos.

No directorio Que facer podes consultar o seu contacto.

esp
Pedalear por el territorio es otra aventura de la que puedes disfrutar en Porto do Son. Además de las mencionadas rutas de senderismo señalizadas y de las rutas que se puedan encontrar en herramientas como Wikiloc, destaca la ruta para realizar en bicicleta “Castro de Baroña y monte Enxa”. Con sus 51 km y una altura máxima de 548 metros, transcurre por escenarios de un gran valor paisajístico y patrimonial.

Si necesitas más información, el Club Ciclista Sonense organiza actividades, rutas, guías o eventos.

En el directorio Qué hacer puedes consultar su contacto.



 Surf, windsurf, kitesurf e bodyboard

gal
As praias de Porto do Son atraen a moitos amantes do surf, do windsurf, do kitesurf ou do bodyboard debido ás ideais características dos seus ventos e ondada. A praia das Furnas e a praia de Aguieira son dúas das máis populares do territorio para estes deportes.

No directorio Que facer podes consultar o contacto das catro escolas de surf con servizo no noso municipio.

esp
Las playas de Porto do Son atraen a muchos amantes del surf, del kitesurf o del bodyboard debido a las ideales características de sus vientos y oleaje. La playa As Furnas y la playa de Aguieira son dos de las más populares del territorio para estos deportes.

En el directorio Qué hacer puedes consultar el contacto de las cuatro escuelas de surf con servicio en nuestro municipio.


Cedidas por: Tony Garzya (izq.) e Iago Marra (dcha.)


Cedida por: Tony Garzya


 Sendeirismo
      Senderismo

Coordenadas: 42.703602256186436, -8.983870617248385

gal
Porto do Son é un territorio ideal para descubrir a pé xa que conta cunha excelente rede de camiños para adentrase no patrimonio natural e cultural sonense entre os que destaca a Senda litoral, que enlaza a nosa costa de norte a sur, uns 30 km, entre punta Cabalo (Miñortos) e Espiñeirido (San Pedro).

Os outros 16 roteiros de sendeirismo sinalizados poden consultarse en https://portodoson.gal/rutas. Aquí atopoarás información complementaria sobre os recursos culturais e paisaxísticos que se localizan en cada un deles.

Os diferentes camiños van desde Portosín ata as lagoas litorais de Xuño e Muro. Ademais, son circulares, duran de 1 a 4 horas e teñen diferentes graos de intensidade, polo que poderás escoller o que mellor se adapte ás túas necesidades.

Se prefires saír acompañado por profesionais, no municipio hai varias empresas de turismo activo que organizan actividades dirixidas e Concello de Porto do Son tamén programa algún evento durante o ano.

No directorio Que facer podes consultar o seu contacto.

esp
Porto do Son es un territorio ideal para descubrir a pie ya que cuenta con una excelente red de caminos para adentrarse en nuestro patrimonio natural y cultural entre los que destaca la Senda litoral, que enlaza la costa de norte a sur, unos 30 km, entre punta Cabalo (Miñortos) y Espiñeirido (San Pedro).

Las otras 16 rutas de senderismo señalizadas pueden consultarse en https://portodoson.gal/rutas. Aquí encontrarás información complementaria sobre los recursos culturales y paisajísticos que se localizan en cada una de ellas. Las diferentes sendas van desde Portosín hasta las lagunas litorales de Xuño y Muro. Además, son circulares, duran de 1 a 4 horas y tienen diferentes grados de intensidad, por lo que podrás escoger la que mejor se adapte a tus necesidades.

Si prefieres salir acompañado por profesionales, en el municipio hay varias empresas de turismo activo que organizan actividades dirigidas, y el Ayuntamiento de Porto do Son también programa algún evento durante el año.

En el directorio Qué hacer puedes consultar su contacto.



 Eventos deportivos

gal
Porto do Son é un municipio no que teñen lugar multitude de eventos deportivos, moitos deles de recoñecido prestixio para profesionais e afeccionados. Os amantes de disciplinas como o trekking, o running, o trail ou a BTT poden achegarse a Porto do Son para gozar en compañía das súas actividades favoritas.

Liderados pola coñecida SinSon 10K, existen outros exemplos como a Revolutrion Trail Series-Xtosín, os Open de Surf do campionato galego, a MiniBTT de Porto do Son ou mesmo o Rompetiño Jump, con deportes urbanos como o skate ou o BMX.

esp
Porto do Son es un municipio en el que tienen lugar multitud de eventos deportivos, muchos de ellos de reconocido prestigio, dirigidos a profesionales o aficionados. Los amantes de disciplinas como el trekking, el running, el trail o la BTT pueden acercarse a Porto do Son para disfrutar en compañía de sus actividades favoritas.

Liderados por la conocida SinSon 10K, existen otros ejemplos como la Revolutrion Trail Series-Xtosín, los Open de Surf del campeonato gallego, la Mini BTT de Porto do Son o incluso el Rompetiño Jump, con deportes urbanos como el skate o el BMX.

GALERÍA DE FOTOS

galeria-panoramicas