Sentimos advertirle de que su navegador web no está actualizado.

La web a la que intenta acceder utiliza las últimas tecnologías para crear una experiencia de usuario única por compatible únicamente con las últimas actualizaciones de los navegadores web más usados. Para descargarse las últimas versiones de estos navegadores, por favor, escoja en la lista su navegador favorito y descárguelo.

Muchas Gracias.

Un lugar para admirar,

un lugar para visitar

Natureza e Patrimonio

 

sonnatureza

sonnaturaleza


Patrimonio Único en Paraxes Singulares
Patrimonio único en Parajes Singulares

1-2 días | Categorización: Sostible, Natural, Cultural

gal
Este percorrido polo noso patrimonio natural e histórico comeza no Castro de Baroña, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), e na península na que se asenta. Se queres descubrir como vivían os antigos poboadores pásate polo Centro de Información, aberto en tempada estival. Tamén na franxa litoral se atopan as lagoas de Xuño e Muro (Rede Natura 2000 e LIC) e o noso vínculo co Camiño de Santiago xa que Portosín é un dos portos deportivos de referencia na Travesía náutica xacobea e en Porto do Son comeza a variante do Camiño pola ría de Muros e Noia.

O paseo ata os muíños de San Tomé, a ponte medieval sobre o río Sieira ou a fervenza de Ribasieira adentrarate no Porto do Son máis rural. Igual que a subida ao monte da Gurita ou a Laxe da Sartaña para coñecer varios dos petróglifos conservados no noso municipio.

esp
Este recorrido por nuestro patrimonio natural e histórico comienza en el Castro de Baroña, declarado Bien de Interés Cultural (BIC), y en la península en la que se asienta. Se quieres descubrir cómo vivían los antiguos pobladores pásate por el Centro de Información, abierto en temporada estival. También en la franja litoral se encuentran las lagunas de Xuño y Muro (Red Natura 2000 y LIC) y nuestro vínculo con el Camino de Santiago ya que Portosín es uno de los puertos deportivos de referencia en la Travesía náutica jacobea y en Porto do Son comienza la variante del Camino por la ría de Muros y Noia.

El paseo hasta los molinos de San Tomé, el puente medieval sobre el río Sieira o la cascada de Ribasieira te adentrará en el Porto do Son más rural. Igual que la subida al monte de A Gurita o a Laxe da Sartaña para conocer varios de los petroglifos conservados en nuestro municipio.



Experiencias:

Castro de Baroña
Centro de Información
Petróglifo da Gurita
Muíños de San Tomé
Fervenza de Ribasieira
Petróglifo de Laxe da Sartaña
Ponte medieval sobre o río Sieira
Lagoas de Xuño e Muro
Travesía náutica Xacobea
Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia



  Castro de Baroña

Coordenadas: 42.69483614542875, -9.031803384871388

gal
Este asentamento fortificado da Idade de Ferro, habitado entre o s. I a. C. ata o s. I d. C., constitúe un dos castros máis emblemáticos de Galicia e un exemplo moi representativo de castro costeiro debido á súa singular localización sobre un pequeno istmo que se interna no mar. Está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).

A estrutura está formada por un sistema defensivo complexo, cunha primeira liña de foso, unha muralla para a súa protección e vivendas. No seu interior, máis de 30 estruturas circulares ou ovaladas, a modo de vivendas ou espazos para o desenvolvemento de diferentes actividades, agrúpanse en tres plataformas adaptadas á abrupta topografía.

Este asentamento á beira do mar foi fogar de agricultores e gandeiros, que tiñan na pesca e no marisqueo actividades de vital importancia. Nas escavacións arqueolóxicas atopáronse restos de cunchas, espiñas, moluscos e mariscos, así como de artesanías complexas (olería, téxtil e metalurxia).

A visita ao Castro de Baroña pode completarse no Centro de Información para comprender mellor a cultura e a forma de vida dos seus antigos poboadores.

esp
Este asentamiento fortificado de la Edad de Hierro, habitado entre los siglos I a.C. y I d.C., constituye uno de los castros más emblemáticos de Galicia y un ejemplo muy representativo de castro costero, debido a su singular localización sobre un pequeño istmo que se interna en el mar. Está declarado Bien de Interés Cultural (BIC).

En cuanto a su estructura, esta se compone de un sistema defensivo complejo, con una primera línea de foso, una muralla para su protección y recintos habitacionales. En su interior, más de 30 estructuras circulares u ovaladas, a modo de viviendas o espacios para el desarrollo de diferentes actividades, se agrupan en tres plataformas adaptadas a la abrupta topografía.

Este asentamiento a orillas del mar fue hogar de agricultores y ganaderos, que tenían en la pesca y en el marisqueo actividades de vital importancia. En las excavaciones arqueológicas se encontraron restos de conchas, espinas, moluscos y mariscos, así como de artesanías complejas (alfarería, textil y metalurgia).

La visita al Castro de Baroña puede completarse en el Centro de información para comprender mejor la cultura y forma de vida de sus pobladores.

Castro de Baroña 3 ConcellodePortodoSon



Centro de información do Castro de Baroña
        Centro de información del Castro de Baroña


Coordenadas: 42.69483502383126, -9.023503946932829

gal
A visita ao Castro de Baroña pode completarse coa visita ao Centro de información, que axuda a comprender a cultura e forma de vida dos seus poboadores. Está aberto en tempada estival.

esp
La visita al Castro de Baroña puede completarse con la visita al Centro de Información para comprender mejor la cultura y forma de vida de sus pobladores. Está abierto en temporada estival.



Petróglifo da Gurita
       Petroglifo de A Gurita


Coordenadas: 42.701698986979615, -9.012868049560076

gal
No monte da Gurita atópanse ao aire libre numerosos conxuntos de gravados rupestres da Idade de Bronce, contando con máis de 40 representacións zoomorfas de cervos illados e en manda, cunhas dimensións de entre 18-45 cm. Distínguense entre os gravados varios machos con grandes cornamentas, femias, crías e motivos circulares, que lembran ao sol. A inclinación da pedra dificulta a súa visualización, parecendo, non obstante, unha posición premeditada.

Seguindo a senda que conduce ata o alto do monte da Gurita, pódense gozar dunhas impresionantes vistas de Porto do Son e da ría.

Outro petróglifo singular dos varios que hai no municipio é o de Laxe da Sartaña (42.66817382272573, -9.029263415264714).

esp
En el monte de A Gurita se encuentran al aire libre numerosos conjuntos de grabados rupestres de la Edad de Bronce, contando con más de 40 representaciones zoomorfas de ciervos aislados y en manada, con unas dimensiones de entre 18-45 cm. Se distinguen entre los grabados varios machos con grandes cornamentas, hembras, crías y motivos circulares, que recuerdan al sol. La inclinación de la piedra dificulta su visualización pareciendo, no obstante, una posición premeditada.

Siguiendo la senda que conduce hasta el alto del monte de A Gurita, se pueden disfrutar de unas impresionantes vistas de Porto do Son y de la ría.

Otro petroglifo destacado de los varios que hay en el municipio es el de Laxe da Sartaña (42.66817382272573, -9.029263415264714).



Muíños de San Tomé
        Molinos de San Tomé


Coordenadas: 42.69815037221465, -9.002306813684765

gal
Os muíños de San Tomé localízanse nunha contorna natural privilexiada e practicamente virxe. Un patrimonio etnográfico de gran valor para o municipio recuperado pola Comunidade de Montes de Baroña.

O camiño sinalizado para chegar ata o conxunto parte do campo de fútbol e discorre baixo unha bóveda de árbores autóctonas con muíños a ambos os dous lados do río.

esp
Los molinos de San Tomé se localizan en un entorno natural privilegiado y prácticamente virgen. Un patrimonio etnográfico de gran valor para el municipio recuperado por la Comunidad de Montes de Baroña.

El camino señalizado para llegar hasta el conjunto parte del campo de fútbol y discurre bajo una bóveda de árboles autóctonos con molinos a ambos lados del río.



Fervenza de Ribasieira
        Cascada de Ribasieira


Coordenadas: 42.66926132571086, -8.983646948986086

gal
A fervenza de Ribasieira, coñecida tamén como Madalena, atópase nun enclave natural de excepcional beleza. É unha das máis altas do río Sieira, que nace na serra do Barbanza e desemboca na praia do río Sieira.

Para chegar a este enclave, tomando a ermida da Madalena como punto de referencia, hai que andar durante un quilómetro escaso por un sendeiro rústico, que se divide en dous: o da dereita sube ata un miradoiro e o da esquerda conduce cara á fervenza e a unhas pozas naturais.

esp
La cascada de Ribasieira, conocida también como Madalena, se encuentra en un enclave natural de excepcional belleza. Es una de las más altas del río Sieira, que nace en la sierra de O Barbanza y desemboca en la playa del río Sieira.

Para llegar a este enclave, tomando la ermita de la Madalena como punto de referencia, hay que andar durante un kilómetro escaso por un sendero rústico, que se divide en dos: el de la derecha sube hasta el mirador en su parte alta y el de la izquierda conduce hacia la parte baja y a unas pozas naturales.

fervenza
Cedida por: Ramón Pérez



Petróglifo de Laxe da Sartaña
        Petroglifo de Laxe da Sartaña

Coordenadas: 42.66817382272573, -9.029263415264714

gal
Situado na aldea de Tarrío, cerca da praia do Porto Nadelas, ten un gran tamaño e dous corpos con varias formas que se aprecian con claridade.

esp
Situado en la aldea de Tarrío, cerca de la playa de Porto Nadelas, tiene un gran tamaño y dos cuerpos con varias formas que se aprecian con claridad.



Ponte medieval sobre o río Sieira
        Puente medieval sobre el río Sieira

Coordenadas: 42.64592448532889, -9.028517610592065

gal
Nunha zona de augas tranquilas do río Sieira atópase entre frondosos amieiros, castiñeiros e carballos esta pequena xoia da alta Idade Media. Trátase dunha sinxela ponte medieval con bóveda lixeiramente apuntada construída en pedra de sillería que se sostén unicamente pola presión que exerce entre si.

Varios estudos manteñen que esta construción localizábase nalgún dos desvíos secundarios dunha importante vía romana, coñecida como Vía per tola marítima (Vía XX).

esp
En una zona de aguas tranquilas del río Sieira se encuentra entre frondosos alisos, castaños y robles esta pequeña joya de la alta Edad Media. Se trata de un sencillo puente medieval con bóveda ligeramente apuntada construido en piedra de sillería que se sostiene únicamente por la presión que ejerce entre sí.

Varios estudios mantienen que esta construcción se localizaba en alguno de los desvíos secundarios de una importante vía romana, la conocida como Vía per loca marítima (Vía XX).

ponte



❽ Lagoas de Xuño e Muro
        Lagunas Xuño y Muro

Coordenadas: 42.63215793452462, -9.03964289336585

gal
As lagoas litorais de Xuño e Muro son dous espazos naturais contiguos unidos por unha entrada de mar que se localizan no límite sur de Porto do Son. Unha banda de dunas e de vexetación característica da zona cumpre a función de resgardalas da ondada.

A contorna das lagoas é excepcional para o avistamento de aves (hai 2 casetas de observación) como mascatos, colimbos ou corvos mariños que migran aquí en busca de acubillo. O Complexo Húmido de Xuño e Muro está incluído na Rede Natura 2000 e integrado no Lugar de Interese Comunitario (LIC) Complexo Húmido de Corrubedo.

esp
Las lagunas litorales de Xuño y Muro son dos espacios naturales contiguos unidos por una entrada de mar que se localizan en el límite sur de Porto do Son. Una banda de dunas y vegetación característica de la zona cumple la función de resguardarlas del oleaje.

El entorno de las lagunas es excepcional para el avistamiento de aves (hay dos casetas de observación) como alcatraces, colimbos o cormoranes que migran aquí en busca de cobijo. El Complejo Húmedo de Xuño y Muro está incluido en la Red Natura 2000 e integrado en el Lugar de Interés Comunitario (LIC) Complejo Húmedo de Corrubedo.



Travesía náutica Xacobea

Coordenadas: 42.763982476656764, -8.943782761367588

gal
O Real Club Náutico de Portosín é unha das paradas de referencia da Travesía Náutica Xacobea, unha das rutas marítimas do Camiño de Santiago, e o vínculo do municipio cun dos maiores patrimonios materiais e inmateriais de Galicia.

Desde aquí, o peregrino debe continuar a ruta por terra para obter a Certificación de Peregrinación Náutica, credencial que se vai selando antes en cada un dos portos polos que pasan.

esp
El Real Club Náutico de Portosín es una de las paradas de referencia de la Travesía Náutica Xacobea, una de las rutas marítimas del Camino de Santiago, y el vínculo del municipio con uno de los mayores patrimonios materiales e inmateriales de Galicia.

Desde aquí, el peregrino debe continuar la ruta por tierra para obtener la Certificación de Peregrinación Náutica, credencial que se va sellando antes en cada uno de los puertos por los que pasan.



   Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia
          Camino de Santiago por la Ría de Muros y Noia

Coordenadas: 42.72730346477072, -9.002465559081678

gal
Porto do Son é un dos catro portos da ría nos que se inicia a variante do Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia.

Os outros tres son Muros, Freixo e Noia desde onde os peregrinos teñen que continuar a pé por Lousame, Rois, Brión e Ames para chegar a Santiago.

esp
Porto do Son es uno de los cuatro puertos de la ría en los que se inicia la variante del Camino de Santiago por la ría de Muros y Noia.

Los otros tres son Muros, Freixo y Noia desde donde los peregrinos tienen que continuar a pie por Lousame, Rois, Brión y Ames para llegar a Santiago.

e o noso vínculo co Camiño de Santiago xa que Portosín é un dos portos deportivos de referencia na Travesía náutica xacobea e en Porto do Son comeza a variante do Camiño pola ría de Muros e Noia.

GALERÍA DE FOTOS

galeria-panoramicas