POS 2012: Renovación de tuberías na rede de abastecemento de Portosín

  • Imprimir

Ante as repetidas roturas e avarías producidas na rede de saneamento de Portosín, o equipo de goberno do Concello de Porto do Son, decidiu incluír esta actuación no Plan Provincial de Obras e Servicios da Deputación (POS 2012), cun importe que ascendeu a 120.156,62 €.

Con este plan, que se está a executar actualmente, preténdese dar solución a maior parte das avarías producidas no casco urbán de Portosín, que sobre todo no verán conlevaba a tantos cortes de suministro na rede de abastecemento.

Esta serie de melloras comprende a substitución das tuberías de fibrocemento (de comportamento excesivamente fráxil) por outras de polietileno, a reposición do pavimento das beirarrúas, asi como, a continuidade da beirarrúa por diante do antigo "Bar Nito", algo que os veciños de Portosín levan anos demandando.

Con todo isto, o Concello de Porto do Son, pretende terminar cos " tradicionais" cortes de suministro na tempada de verán no núcleo de Portosín e garantizar a seguridade dos veciños ao seu paso pola Avenida da Constitución.

Fontes municipais informan que a día de hoxe a obra está executuda nun 50%.