NOVAS FIESTRAS E PARQUE INFANTIL NO COLEXIO SANTA IRENE
O Concello de Porto do Son, levou a cabo unha obra de mellora enerxética no colexio Santa Irene
O colexio que conta con máis de 300 alumnos comezou este curso escolar con novas fiestras.
A obra subvencionada parcialmente polo INEGA tivo como finalidade mellorar a habitabilidade das aulas e a eficiencia enerxética:
1.- Evitar os puentes térmicos xerados antes polas caixas das persianas
2.- Evitar as condensacións superficiais
3.- E polo tanto protexer o ambiente interior contra a humidade.
Todo encamiñado a coidar a saúde dos máis pequenos
Desta forma, substituítronse as fiestras antigas de corredera por unhas con marco de PVC e dobre acristalamento de apertura tradicional
Tamén se instalou un novo parque infantil formado por un multixogo, dous balancíns e un trepa de polurietano de alta densidade. Todo instalado sobre un pavimento de caucho continuo de colores.