Educación, Xuventude e deporte|

Esta mañá, a Tenente de Alcalde, María Maroñas, e o Concelleiro de Xuventude e Deportes, Carlos Lorenzo, participaron nunha magnífica clase formativa no CEIP Portosín co Proyecto Enki de ocio inclusivo que se adica a axudar, a través do deporte e do ocio, a persoas con diversidade a sentirse parte da sociedade, ao tempo que dan visibilidade a esta causa para que todas as persoas sexamos parte da inclusión. Unha experiencia moi reflexiva e inspiradora

Infinitas grazas ás/aos representantes de ENKI polas súas ensinanzas e colaboración así como ao fantástico equipo do CEIP Portosín (alumnado e comunidade educativa) por traballar sempre para o fortalecemento dun espazo completamente inclusivo.

Comments are closed.

Close Search Window