Cultura, ocio, tempo libre|

A Asociación Folclórica Chorimas Queiruga organiza, en colaboración co Concello de Porto do Son e Deputación da Coruña, a III Foliada dos Maios.

O sábado, 3 de maio, a partir das 22:00 horas, a Casa da Cultura de Queiruga acollerá esta festa na que as persoas asistentes poderán gozar das actuacións de:

A.C. San Pedro de Carcacía, Rumbía, Ebora, As Garridiñas, A.F. Chorimas, BTM Suevia, As Sivalveiras, Solenas, A.C. Bailadela, Alixeiras e Rexoubeiriñas. A xornada contará coa actuación especial de Xisco Feijoó.

Comments are closed.

Close Search Window