Xuventude e deporte, Emprego|

A Xunta de Galicia convoca subvencións para a posta en marcha de programas de estadías formativas para persoas mozas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia (programa Xuventude Mentoring na Empresa 2025).

finalidade deste programa é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, cos seguintes obxectivos específicos:
  a) Potenciar os programas de educación non formal en que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.
  b) Achegar as persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.
  c) Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.
  d) Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.

A realización das estadías formativas que formen parte das accións destes programas xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade

Entidades beneficiarias:
a) As entidades privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidade e/ou do emprego.
b) Os concellos galegos, mancomunidades de concellos ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a un concello.

Requisitos das persoas mozas:
a) Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación estará aberto ata o 28 de febreiro para que as entidades privadas sen ánimo de lucro, mancomunidades ou entidades públicas vinculadas a un concello presenten os seus proxectos.

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento BS324D. Máis información no DOG do 30 de xaneiro de 2025

Máis información en:

https://culturaelingua.xunta.gal/

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS324D

Comments are closed.

Close Search Window