Cultura, ocio, tempo libre|

Todos os sábados do mes de abril poderemos rir a gargalladas a través do II Ciclo de Mónologos de Porto do Son. Terán lugar a partir das 21:00 h na Casa da Cultura de Porto do Son.

A programación é a seguinte:

5 de abril | 21:00 h | Pepo Suevos con Á Caída 2025

12 de abril | 21:00 h | Arantxa

19 de abril | 21:00 h | Oswaldo Digón con Outra Movida

26 de abril | 21:00 h | Evaristo Calvo con A Ver Que Pasa

As entradas, que terán un custo de 6 euros, están á venda desde o martes 18 de marzo en:

Casa do Concello de Porto do Son (alcaldía) >> L/V · 8:30h a 15:00h
Casa da Cultura de Porto do Son >> L/V · 8:00h a 15:00h
Casa da Cultura de Miñortos >> L/V · 17:30h a 20:30h
Casa da Cultura de Portosín >> L/V · 8:00h a 13:00h + 17:00h a 19:30h
Casa da Cultura de San Pedro >> L/V · 16:00h a 20:00h

Ademais, haberá un bonus pola compra das catro actuacións que terá un custo de 20 euros.

Comments are closed.

Close Search Window