Xuventude e deporte|

O Concello de Porto do Son colabora na II edición do Campus de Fútbol EFF Sonnoia “Pauleta”, organizado por EFF Sonnoia, Noia CF e o Porto do Son CF, e que se levará a cabo do 23 ao 27 de xuño de 2025.

Este Campus de verán 2025 vai dirixido á rapazada nada entre o ano ano 2008 e 2018, ambos inclusive, e se realizará en horario de 10:00h a 13:30h. As sedes serán o Campo de fútbol Emilio Garcia (Porto do Son) e Campo de Fútbol Julio Mato Matito (Noia).

A actividade principal deste campus xirará entorno ao deporte rei e a rapazada contará con persoal adestrador especializado na formación futbolística. Os profesionais da actividade, técnicos formados na Federación Galega de Fútbol, desempeñaran a súa labor en torno a tres áreas: a enseñanza do fútbol, a educación extradeportiva e convivencia e a maduración persoal co fútbol como medio.

O sistema de organización será íntegramente realizado pola EFF Sonnoia, tanto na recepción das inscricións, realización de grupos e proxecto do campus.

Máis información e descarga de anexo de inscrición.

Comments are closed.

Close Search Window