👚 Roupa Tendida
Roupa tendida é un espectáculo que combina a narración oral coa manipulación de obxectos. Nesta proposta tentamos achegar entre si dous mundos: a literatura de tradición oral e a literatura contemporánea combinando ambos repertorios e procurando que dialoguen entre si. Contar hoxe os contos de onte permítenos reflexionar sobre as nosas crenzas, observalas coa perspectiva do tempo, contalas desde a visión daquelas pequenas que medraron. Contamos o pasado para construír o futuro!
As maiores da casa contan que cando eran cativas coma vós, ao caer da noite, a xente sentaba arredor do lume para contar historias. Para as pequenas aquel era o mellor momento do día, pero por unhas ou por outras sempre remataban por botalas do cuarto. Aínda así, algunha delas tentaba agocharse para poder escoitar os contos e logo contarllos ás outras. Iso si, en canto alguén se percataba de que unha cativa andaba por alí, pronunciaba a frase maldita “ten conta que hai roupa estendida” . A cativa agochada ao escoitar aquel enunciado sabía que rematara a diversión e resignada saía do seu acubillo. Co tempo aquelas pequenas foron reconstruíndo anacos de historias e se vos achegades pódenvos ir contando
Clasificada: Público infantil e familiar
Duración: 45 minutos
Urdime / Xarope Tulú 👇
https://www.xaropetulu.com/
🟡 24 de NOVEMBRO
📍 Casa da Cultura de Miñortos · 18:00
🎟 ENTRADA GRATUÍTA >> Non é preciso recoller entradas. Acceso libre ata completar foro
🟡 RÓGASE PUNTUALIDADE. Ás 18:00h pecharanse as portas do auditorio
💛 Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña