Obras|

Rematadas as obras da Humanización do calexiño Outonil (Porto do Son), cun orzamento de 58.987, 50 euros financiado pola Deputación da Coruña. 

Con estas obras reformouse o pavimento existente, dotando a contorna da fonte e a entrada ás vivendas dun ámbito empedrado. O resto do pavimento da actuación realizouse con formigón desactivado.  

Instaláronse varandas nas zonas con desniveis e as escaleiras existentes -tras a fonte- reformáronse e combináronse con bancadas.  

Creouse unha rede de saneamento separativa para fecais e pluviais.  

Mantéronse as instalacións existentes de electricidade e telecomunicacións, pero executáronse cruces subterráneos para evitar os tendidos de cables.  

Ademais levouse a rede de abastecemento á fonte para darlle servizo mediante un premedor. 

Os comentarios están pechados.

Close Search Window