Benestar social e igualdade|

O Concello de Porto do Son impulsa os talleres de memoria para persoas maiores, un programa de balde no que os obxectivos principais son a estimulación cognitiva e a socialización para adultos de 55 anos en diante.

Celebraranse no club de Xubilados de Porto do Son os mércores de 10:00 a 11:00 horas e de 11:00 a 12:00 horas; os venres, en San Pedro ás 9:30 horas, en Xuño ás 10:30 horas e en Caamaño ás 11:30 horas.

Para máis información, podes chamar ao 981 86 74 14, concellería de Benestar Social. As prazas son limitadas!

Comments are closed.

Close Search Window