O alcalde, Luis Oujo, xunto ao concelleiro de Deportes, Carlos Lorenzo, acudiron onte, 29 de abril, á gala de presentación da X edición do festival Rompetiño, celebrada no Patio de Cristal do Hotel Monumento Santo Francisco, en Santiago de Compostela. O acto tamén contou coa presenza de representantes institucionais, patrocinadore, así como unha ampla representación de artistas vinculados á cultura urbana galega.
Conducida polo presentador da TVG Juan Fuentes, a gala serviu para facer balance dunha década de evolución dun proxecto que logrou consolidarse como unha das principais citas do noroeste peninsular, combinando deporte, música e moda.
Na súa intervención, Luis Oujo, destacou o impacto do evento na dinamización turística e social do municipio e puxo en valor que “detrás de cada edición do Rompetiño houbo persoas que soñaron cando aínda non había nada. Persoas que imaxinaron que Porto do Son podía ter un festival diferente, moderno, vivo, capaz de unir deporte, música, creatividade e convivencia nun mesmo espazo. Persoas que creron nunha idea mesmo cando era só iso: unha idea”.
Ademais agradeceu a todas “as persoas organizadoras, colaboradores, voluntarios, en quen traballou desde o primeiro día e en quen se foi sumando despois. En quen monta antes de que empece todo e recollen cando xa terminou a festa. En quen resolve problemas sen buscar recoñecemento. En quen dá sempre un paso á fronte para que os demais gocen. Ás veces os grandes éxitos mídense en aplausos, en cifras ou en fotografías. Pero eu creo que os verdadeiros éxitos mídense en entrega, en compromiso e na pegada que deixan nunha comunidade. E o Rompetiño deixa unha pegada inmensa en Porto do Son”.
O vivido na gala foi a antesala do que será a vindeiro edición do festival Rompetiño, que tendrá lugar en O Porto do Son os días 3 e 4 de xullo. O cartel desta X edición conta coa confirmación da actuación de artistas como 9Louro, La Zowie, Carlota, Dirty Suc, Disobey, G La Sosita, GiGi284, Glory Six Vain, Gloosito, Guxo, Hecky, Hoke, Jaydime, Kike Varela, Lorna, MDA, Midas Alonso, Selecta, Skinyz, Slaapy Av, Sticky M.A. y Vampi.




