A Consellería de Política Social pon en marcha unha serie de accións formativas gratuítas na modalidade On Line nos ámbitos da xuventude e do voluntariado.
Cursos Xuventude (16-35 anos): fotografía dixital, formación en comunicación, xestión do estrés, creación de páxinas web, influencers dixitais, xestión do tempo para o estudo, educación en valores no tempo libre, orientación vocacional, Escape Room educativo analóxico e dixital, obradoiro de gravación de vídeo e futuro en igualdade.
Cursos voluntariado: acción voluntaria en situacións de emerxencia, lingua de signos, novas tecnoloxías como ferramentas para persoas voluntarias, voluntariado e transformación social, aprendizaxe reflexiva a través da acción voluntaria, curso básico de voluntariado e educación e voluntariado ambiental.
Máis información e matrícula, no seguinte enlace:
http://www.voluntariadogalego.org/campusonline/web/modulo.php?mod=cur