Formación|

O Concello de Porto do Son, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia e a consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, organiza o curso gratuíto ‘@s nos@s maiores, mellor acompañad@s’.

Esta acción formativa irá encamiñada ao ensino de novas tecnoloxías para persoas maiores, facendo especial fincapé nas máquinas de quendas de Concellos e centros de saúde ou hospitais, nos caixeiros automáticos, no teléfono móbil, na aplicación móbil do SERGAS/Chave365 ou nos caxeiros automáticos.

Este curso terá lugar os xoves 31 de xullo e 7, 14 e 21 de agosto, en horario de 10:00 a 12.30 horas no Clube de Xubilados de Porto do Son.

As persoas interesadas poderán inscribirse, de balde, no departamento de Servizos Sociais do Concello ou no teléfono 981 867 414, en horario de atención de 10:00 a 12:00 horas. O prazo de inscrición estará aberto do 14 ao 23 de xullo.

Para máis información tamén está dispoñible o enderezo electrónico maria.santos.lemina@portodoson.gal

Comments are closed.

Close Search Window