Cultura, ocio, tempo libre, Festexos, Turismo|

A fin de semana do 8 e 9 de agosto, celebrarase a XXXII Feira do Polbo de Porto do Son.

8 de agosto

23K – Andaina do Polbo. As persoas participantes deberán estar na fachada marítima ás 08:00 horas para coller un autobús ata Boiro e percorrer os 23 quilómetros que compoñen este roteiro de dificultade moi alta. 

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas en participar deberán inscribirse a través do correo electrónico osoncamina@gmail.com, por un prezo de 10 euros. Para máis información, poden chamar ao 981 767 589.

Trécola. Alborada pola vila de Porto do Son

Degustación do Polbo. Na carpa da feira, degustación do delicioso produto na Pulpeira Veloso.

Os tristes. Espectáculo de música e humor dos artistas galegos Federico Pérez e Marcos Pereiros. Terá lugar na Fachada Marítima de Porto do Son, a partir das 13:30 horas. 

Paco de Leña. Actuación na Fachada Marítima de Porto do Son, a partir das 21:00 horas.

DJ Chocholate. Actuación na Fachada Marítima de Porto do Son, a partir das 23:00 horas.

 

9 de agosto

Degustación do Polbo. Na carpa da feira, degustación do delicioso produto na Pulpeira Veloso.

Charanga MIL9. Sesión vermú na zona da feira. 

BMT Suevia. Terá lugar na Praza de España a partir das 22:00 h.

Grupo de baile Anduriña. Terá lugar na Praza de España a partir das 22:45 h.

 

Comments are closed.

Close Search Window