Formación|

O curso de balde de Patrón/a de embarcacións de lecer (PEL), unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Porto do Son, está a ter unha gran acollida nestes primeiros días de aprendizaxe. 

Esta formación, dirixida a persoas maiores de 18 anos e que conta cunha notoria presenza de alumnas, recibirán clases teóricas de navegación, así como prácticas de navegación e radio. O curso terá unha duración de 3 meses e rematará o 13 de maio. 

As clases teóricas estanse a levar a cabo os martes, en horario de 19:00h a 22:00 h, no Edificio de Actividades Náuticas de Porto do Son (na fachada marítima). Todas as persoas participantes recibirán prácticas de navegación (16h) e de radio corto-alcance (12h).

Para a obtención da titulación oficial de Patrón/a de Embarcacións de Lecer (PEL) as persoas participantes deberán asistir ás clases teóricas de navegación, superar as prácticas de navegación, superar as prácticas de radio corto-alcance e, por último, superar o exame oficial de patrón/a de embarcación de lecer (Xunta de Galicia).

O alcalde, Luis Oujo, celebrou “a gran acollida que está a ter esta iniciativa que busca fomentar a formación entre a nosa veciñanza e que as persoas participantes poidan adquirir coñecementos e habilidades novas”.

Comments are closed.

Close Search Window