Cultura|

🎭 I Mostra de Teatro de Porto do Son

Data do evento

30 Novembro 2024    
9:00 p.m.

Localización

Tipo de evento

💙 Gozamos ao Son da Cultura!

 

ARTE SEN GUIÓN

Existiu o teatro medieval en galego? Arte sen guión responde a pregunta desde as ferramentas da improvisación contemporánea. Catro comediantes representan os entremeses compilados nun estraño códice da Idade Media enchendo as partes incompletas coa axuda do público e tratando de agochar todos os anacronismos que introducen polo seu descoñecemento da época. Unha relectura dun tempo deostado e unha comedia que nos lembra que nin antes eran tan antigos, nin agora somos tan modernos.
Intérpretes: Alba Bermúdez, Miguel Canalejo, Cris Iglesias, Nacho Martín, Tone Martínez
Dirección e dramaturxia: Miguel Canalejo. Espazo Sonoro: Nacho Martín.

Deseño Escenografía: Alba Bermúdez.
Vestiario: Anahí Taraburelli. Iluminación: Gonzalo Porteiro.

Espectáculo Co-Producido por CDG e Galeatro

https://www.galeatro.es/espectaculos/artesenguion

 

⚫️ 30 de NOVEMBRO

📍 Casa da Cultura de Porto do Son · 21:00h

🎟 ENTRADAS Á VENDA na oficina da Área de Cultura en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

 

🟡 RÓGASE PUNTUALIDADE. Ás 21:00h pecharanse as portas do auditorio

Comments are closed.

Close Search Window