💙 Gozamos ao Son da Cultura! 🧒👧
🥔 Contos para Caghar Patatillas
Quen ten cu, ten medo. lso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo,
senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo.
Música, clown e contos a partes iguais nesta proposta de Brais das Hortas para toda a familia.
A Santa Compaña cantando un trap, o home do saco, a verdadeira canción de como morreu Tranquilo, un ataque de salouco, unha base creada ao vivo cunha loop station, sete bruxas que voan de Moaña a Sevilla nunha barca, instrumentos de refugallo creados en directo… e moito máis.
Historias que saen dunha vella maleta escondida no faiado nunha noite de inverno.
Un espectáculo para morrer de medo…ou de risa!
Clasificada: Público infantil e familiar
Duración: 60 minutos
Charlatana Coop. Galega de Artistas 👇
🟠 3 de NOVEMBRO
📍 Casa da Cultura de Xuño · 18:00
🎟 ENTRADA GRATUÍTA >> Non é preciso recoller entradas. Acceso libre ata completar foro
🟡 RÓGASE PUNTUALIDADE. Ás 18:00h pecharanse as portas do auditorio
💛 Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña