
🎭 I Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son
💙 Gozamos ao Son da Cultura! 🧒👧
🎸 As máis molonas de Pakolas
Unha nova montaxe, de ESTREA no 2024, que recolle as cancións mais aclamadas polo público infantil rockeiro galego, cantadas e contadas. Os exitazos!
Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público
Elenco, música e son: Pakolas / Paco Cerdeira
Escenografía: Laura Romero
Duración: 55 minutos
Público: Infantil e familiar
Paco Cerdeira / Pakolas 👇
🟣 13 de OUTUBRO
📍 Local Veciñal de Nebra · 18:00h
🎟 ENTRADA GRATUÍTA >> Non é preciso recoller entradas. Acceso libre ata completar foro
🟡 RÓGASE PUNTUALIDADE. Ás 18:00h pecharanse as portas do auditorio
💛 Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña