
💙 Gozamos ao Son da Cultura! 🧒👧
📚 Os contos que me contaron
«Cando era nena non me contaron moitos contos, pero si me abriron as portas a moitas intrigas que me fixeron buscar as historias onde podía: nos libros, nas voces das persoas que coñecía ou descoñecía. Despois de adicarme á narración oral como profesión, oficio artístico, desde hai máis de vinte anos, descubrín que os contos veñen a min. Son contos que comparten as persoas que precisan lembrar e que queren que lembremos, que falan de quen somos, de onde vimos. Dalgún xeito, responden as grandes preguntas, gardan os misterios, perseguen facerte sorrir, rir, pero, sobre todo, buscan facernos sentir a gusto, en boa compaña»
A duración aproximada de cada sesión ronda os 50 minutos e a idade recomendada é a partir dos 16 anos ata os 99, coa única condición de que as persoas asistentes estean dispostas a que lles conten unha historia.
Paula Carballeira / Berrobambán 👇
https://berrobamban.com/wp-content/uploads/2020/09/CContaronPaulaCarballeira.pdf
🟢 20 de OUTUBRO
📍 Casa da Cultura de Queiruga · 18:00h
🎟 ENTRADA GRATUÍTA >> Non é preciso recoller entradas. Acceso libre ata completar foro
🟡 RÓGASE PUNTUALIDADE. Ás 18:00h pecharanse as portas do auditorio
💛 Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña