|

🎭  I Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son

Data do evento

27 Outubro 2024    
6:00 p.m.

Localización

 

💙 Gozamos ao Son da Cultura! 🧒👧

 

Contos Debuxados, Debuxos Contados

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra escrita?… que xorden os grandes álbums ilustrados.

Que pasa cando xuntas ilustración e palabra contada?… pois que xorde “CONTOS DEBUXADOS, DEBUXOS CONTADOS”

O ilustrador MARC TAEGER e o contador de contos CAXOTO executan este man a man escénico nun perigoso experimento que non foi autorizado por ningunha autoridade competente. Dun lado a picaresca, o trazo conciso e a fantasía visual de Marc e doutro lado a retranca, a voz firme e o maxín bule bule de Caxoto.

E por se iso fose pouco, nun triplo salto mortal a esta mistura engadímoslle a participación imprevisible do público… Que temos como resultado? Pois un espectáculo cheo de vitalidade, situacións esperpénticas, personaxes inesquecibles, creatividade desbordada, algunha que outra liorta escénica e moita, moitísima diversión.

 

Clasificada: Público familiar (a partir de 4 anos)

Duración: 50 – 60 minutos

Caxoto

https://atrastendadoscontos.com/contos-debuxados-debuxos…/

 

27 de OUTUBRO

Casa da Cultura de San Pedro · 18:00

ENTRADA GRATUÍTA >> Non é preciso recoller entradas. Acceso libre ata completar foro

 

RÓGASE PUNTUALIDADE. Ás 18:00h pecharanse as portas do auditorio

 

💛 Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña

Comments are closed.

Close Search Window