O 5 de NOVEMBRO celébrase o Día Internacional das Persoas Coidadoras.
Hoxe, máis que nunca, queremos poñer en valor a importancia do papel que desempeñan tanto os profesionais como as familias no coidado das persoas dependentes 💙 Grazas por dar o mellor de vós en cada momento
Co obxectivo de formar ás persoas coidadoras e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade dos coidados que proporcionan así como o uso de axudas técnicas que lle faciliten o seu labor; compartímosvos a información da charla COIDANDO AO/Á COIDADOR/A que vai a realizar o Centro de Día de Porto do Son 🤝 COGAMI
🟢 25 de NOVEMBRO ás 16:00 horas
👩⚕️ Impartida pola enfermeira do Centro de Saúde de Porto do Son
✍️ INSCRICIÓNS ata o 20 de NOVEMBRO no teléfono 981198680