Cultura|

Cabalgata de Reis (información en función da previsión meteorolóxica)

Data do evento

5 Xaneiro 2025    
Todo o día

Tipo de evento

𝑶𝒔 𝑹𝒆𝒊𝒔 𝑴𝒂𝒈𝒐𝒔 𝒗𝒊𝒔𝒊𝒕𝒂𝒏 𝒄𝒐𝒏 𝒊𝒍𝒖𝒔𝒊𝒐́𝒏 𝒂́𝒔 𝒏𝒆𝒏𝒂𝒔 𝒆 𝒂𝒐𝒔 𝒏𝒆𝒏𝒐𝒔 𝒅𝒆 𝑷𝒐𝒓𝒕𝒐 𝒅𝒐 𝑺𝒐𝒏
📢 INFORMACIÓN IMPORTANTE en función da previsión meteorolóxica anunciada 
– 𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨, 𝟓 𝐝𝐞 𝐗𝐚𝐧𝐞𝐢𝐫𝐨
Os Reis Magos visitarán todas as nosas parroquias.
 
*** Manterase o percorrido do autobús real e irase axustando as visitas en función do que permitan as condicións meteorolóxicas***
 
– Miñortos / Igrexa: 10:00h – 10:20h
– Portosín / Praza do Curro: 10:35h – 11:00h
– Nebra / Local Parroquial: 11:30h – 11:50h
– Noal / Fronte á fonte de Cabanela: 12:10h – 12:30h
– Baroña / Bar 85: 12:50h – 13:10h
– Queiruga / Casa da Cultura: 13:25h – 13:45h
– Caamaño / Casa da Cultura: 15:45h – 16:05h
– Xuño / Casa da Cultura : 16:20h – 16:40h
– San Pedro / Casa da Cultura: 16:55h – 17:15h
 
** O Centro de Día de Porto do Son permanecerá pechado polo que finalmente acordouse non realizar a visita **
 
Se o tempo o permite, ás 18:15h sairá a Cabalgata de Reis dende o Cruceiro da Fachada Marítima de Porto do Son cara á Casa da Cultura (se o tempo non o permitise, iniciaremos directamente na Casa da Cultura). A recepción dos Reis Magos será na Casa da Cultura de Porto do Son contando coa animación de Pablo Mèndez Performances e creando un espazo totalmente inclusivo (sen ruídos inesperados) de 19:45 a 20:15 horas.
 
💙 Nosa veciñanza, desexamos que todas e todos desfrutedes ao máximo dese día máxico. Agardámosvos!
 
🍬 Todos os caramelos serán sen glute
* Horarios aproximados. Tentaremos que sexan os máis exactos posibles

 

A Ilusión do Nadal vive en nós

Comments are closed.

Close Search Window