Este domingo, 30 de novembro ás 18:00 horas, terá lugar a representación teatral ‘O mundo máxico de Pinocho’ na Casa da Cultura de Porto do Son. Sera executada pola compañía Educateatro Producións.

A recollida de convites pode efectuarse na Casa da Cultura de Porto do Son, na Casa da Cultura de Portosín e na Casa da Cultura San Pedro de Muro. Para máis información, podedes contactar nos teléfonos 981 76 77 58 ou 604 026 138.
Nesta obra, o público atoparase cunha curiosa adaptación ao teatro musical do clásico de Carlo Collodi.
Unha historia contada a través dos ollos de Pepiño Grilo, que xunto coa fada Mimadriña, Raposo e Gato acompañará a Pinocho no camiño de converterse nun neno de verdade.
Un camiño que comeza no taller de Gepetto e que pasará pola escola, por un circo de monicreques onde un malvado titiritero tentará raptalo e ata pola barriga dun peixe xigante. Todo para que o protagonista aprenda que dicir mentiras ten as súas consecuencias.
Recomendada para público familiar.
