O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde da localidade, Luis Oujo, visitou esta mañá a escola infantil pública autonómica de Porto do Son. Un centro no que están a realizarse obras de mellora aproveitando o mes de agosto, para non interromper o funcionamento da escola durante o curso.
A Xunta de Galicia financia esta reforma cun investimento de case 14.000 euros. Os traballos céntranse na substitución do actual pavimento do patio exterior de xogos por céspede artificial, ademais de acometer outras melloras na estética e na funcionalidade do edificio.
Gratuidade na etapa de 0 a 3 anos.
Deste xeito, o centro estará renovado de cara ao comezo dun novo curso en setembro. Será o terceiro no que a Xunta de Galicia financie a gratuidade do 100% das escolas infantís galegas, tanto públicas como privadas ou de entidades sociais. Unha medida cun investimento de 60 millóns de euros que o Goberno galego pon a disposición de máis de 32.000 familias para ofrecerlles un aforro anual medio de máis de 3.000 euros.
Toda a información en:
www.xunta.gal
