A Casa da Cultura de Caamaño acollerá o vindeiro domingo, 4 de outubro, ás 18;00 h, o espectáculo musical e de narración ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’ de Pakolas.
Neste novo traballo, as persoas asistentes á función poderán coñecer a historia de Ecoralia, que nos ensinará a través das súas cancións a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.
Así, a través das cancións e a narración, adentramos nas entrañas da carballeira máis extensa de toda Galicia, onde a vexetación é máis mesta e verde, vivía Ecoralia. Sempre vestía da cor do musgo e levaba unha trenza longa e roxa recollida cun estalote. Ecoralia era unha meiga moi nova e boa coñecedora de conxuros ancestrais aprendidos das súas avoas. Pero ela non era coma as demais.
En definitiva un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia


