Sanidade|

A unidade móbil de doazón de sangue estará o vindeiro luns, 10 de marzo, en horario de 16:00 a 21:00 horas, en Portosín, ao carón do Centro de Saúde.

Para doar sangue hai que almozar e despois de xantar esperar 2 horas. Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. No caso de estar a tomar algún medicamento deberá informar ao médico.

Ante calquera dúbida, podes chamar e informarte na Axencia de Doazón de Órganos e Sangue no 900 100 828.

A vida de moitas persoas depende de que non perdas este bus, cada día precísanse máis de 400 doazóns nos hospitais de Galicia. Colabora, DOA SANGUE.

Comments are closed.

Close Search Window