IMPORTANTE: 21 DE MARZO

Esta mañá, conmemorando o DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE, o Alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Juan José Calo, achegáronse ata Noal para compartir cos/as mellores embaixadores/as do coidado e da protección do noso patrimonio natural: a nosa rapazada

Deste xeito, co excelente traballo do alumnado do CEIP Santa Irene e a sempre atenta axuda e colaboración da Comunidade Educativa, a Anpa o Campo, a Comunidade De Montes de Noal e de Voz Natura -co seu proxecto Aula abierta, cultivando oportunidades- realizamos a plantación dunhas xeitosas árbores. O presente é semente do futuro.

💙 Mil grazas a todas e todos por esta fermosa iniciativa.

Close Search Window