10 de MAIO
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude Galicia trouxo ata Porto do Son nova edición do programa #DíaDaXuventude, a celebración por excelencia para a mocidade galega, na que se lles achega diversas actividades formativas e de ocio saudable a alternativo
O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, xunto ca tenente de Alcalde, María Maroñas e cos Concelleiros de Deportes e Xuventude, Carlos Lorenzo, e Benestar Social e Igualdade, Pepe Lijó, acompañaron á Directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses no circuíto didáctico-lúdico, amosando que os seus nenos internos seguen moi vivos
Unha tarde chea de actividades e obradoiros que teñen como obxectivo sensibilizar, entreter e formar a mozas e mozos, cun peche de ouro da man dos nosos artistazos locais FLOW DEL NORTE.
Este programa, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, está destinado tanto á mocidade galega como ás propias familias, dado que esta iniciativa tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. O programa aséntase en cinco obxectivos: facilitar á mocidade a posibilidade de participar nun programa de actividades lúdico-formativas que contribúa ao seu enriquecemento persoal mediante aprendizaxes non formais; fomentar a participación, o ocio e o lecer saudable; transmitir valores a través de actividades que requiran do traballo en equipo, colaboración mutua e que fomenten o respecto, a igualdade, a inclusión e o espírito deportivo; achegar información dos programas que desenvolve a Xunta de Galicia destinados á mocidade; e ampliar as ferramentas de conciliación e espazos de coidado a disposición das familias galegas
Grazas infinitas a todos pola vosa colaboración e participación!
Álbum Fotográfico en Facebook:
www.facebook.com/media/set/?set=a.758897756389899&type=3