Benestar social e igualdade|

O Concello de Porto do Son adheriuse un ano máis ao proxecto DE FRONTE á violencia de xénero posto en marcha pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña

DE FRONTE á violencia de xénero é unha campaña e programa de actividades posta en marcha pola Área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 25 de NOVEMBRO, 𝐃Í𝐀 𝐈𝐍𝐓𝐄𝐑𝐍𝐀𝐂𝐈𝐎𝐍𝐀𝐋 𝐂𝐎𝐍𝐓𝐑𝐀 𝐀 𝐕𝐈𝐎𝐋𝐄𝐍𝐂𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐗É𝐍𝐄𝐑𝐎, que apela directamente á implicación dos Concellos da provincia, estendendo o chamado á acción a calquera outra entidade do tecido social, educativo, empresarial, familias, etc.

Máis información en:

defronte.gal

Comments are closed.

Close Search Window