Cultura, ocio, tempo libre|

A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá este sábado, 29 de novembro ás 21:00 horas, a obra ‘D.E.P., unha comedia de morte’, de Malasombra Producións con Jouse García e Xoque Carbajal, dirixida por Marcos Orsí e escrita por Pep Antón Gómez e Jordi Sánchez.

A venda de entradas, na Oficina de Cultura de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas, ou previamente ao comezo da función. Só se acepta tarxeta bancaria e ten un custe de 4 euros.

D.E.P. é unha trepidante comedia na que se ensina con moito humor o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o lado máis cruel, ante a desputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor! “.

D.E.P. amosa un contexto ben recoñecible polo espectador: a pelexa pola herdanza. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda non está morta.

Comments are closed.

Close Search Window