O Concello de Porto do Son informa que a Deputación Provincial da Coruña organiza dúas accións formativas en socorrismo (espazos naturais e instalacións acuáticas).
Esta formación, de carácter gratuíto, vaise levar a cabo nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (A Coruña) nas datas que se sinalan:
Socorrismo en espazos acuáticos naturais: comezo no mes de marzo de 2017.
Socorrismo en instalacións acuáticas: comezo no mes de outubro de 2017.
O curso vaise desenvolver de luns a venres en horario de 15.30h a 21.30h.
A Deputación da Coruña só admite 5 participantes por concello, polo que se establece un prazo de presentación de solicitudes por parte das persoas interesadas que remata o próximo martes 14 de febreiro ás 13.00h (Rexistro do Concello de Porto do Son).
As persoas interesadas, para poder participar nesta acción formativa, deberán pasar unha proba de natación previa.
No documento a seguir, está recollida toda a información sobre estes cursos (datas e lugar de celebración, prazo de solicitude, requisitos de acceso, solicitude, documentación a presentar, contido das probas, etc).